Pequeartistas

As crianzas aprenderán distintas técnicas e expresións a través do traballo de artistas do pasado e do presente, sen perder nunca a súa propia ollada. Así desenvolverán o seu xeito de ver, interpretar e crear o mundo no que viven. Ademais terán a posibilidade de recibir clase das artistas que expoñan en Aire e, unha

Arte e idioma para crianzas

Un ano máis continuamos coas clases de arte e idiomas para crianzas entre 4 e 12 anos. A nosa intención é que as persoas que participen nestes obradoiros regulares desenvolvan a súa creatividade e capacidade comunicativa en diversas linguas, a través dunhas dinámicas e didácticas amenas nas que se profunde nos dous aspectos. As didácticas

Verán creativo! Setembro

CAMPAMENTO DE VERÁN ARTE E IDIOMA! EN AIRE CENTRO DE ARTE!!   VIVE A CREATIVIDADE!!! MATRÍCULA ABERTA!   Remata o verán, pero non a diversión.  Aire centro de Arte xunto á Escola de Idiomas Lorca Institute ofrécevos un final de Verán Creativo! Arte e Inglés da man! Xa está aberta a matrícula para setembro! No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante a primeira quincena de setembro,

Taller de moldes, con Roi Domínguez

Achegámonos ao final de curso da man do artista ourensán Roi Domínguez. Especialista en escultura, preséntanos un obradoiro de moldes que terá lugar os días 10 e 11 de xuño. O horario será de mañá, de 10h a 14h. Está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. No obradoiro, quen perticipe construirá

Verán creativo!

CAMPAMENTO DE VERÁN EN AIRE CENTRO DE ARTE!!   VIVE A CREATIVIDADE!!! MATRÍCULA ABERTA!   Achégase o verán e Aire centro de Arte e Cornelia Craft únense para ofrecervos un Verán Creativo! Xa está aberta a matrícula! No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de setembro, nun horario de 10h a 14h (tamén haberá a opción para as persoas máis madrugadoras de comezar ás 8h),

Escintileos de papel II. Taller de origami

Un mes máis, volven os obradoiros de origami da man de FrufrüOrigami (Andreia Agra). A próxima cita será unha xornada dobre: o 6 e o 13 de maio, de 17h a 19:30. Está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. Desta volta, as pezas creadas estarán adicadas á luz, por iso aprenderemos

Fondo de armario. Recollida de roupa

Desde hoxe, 19 de abril ata o 7 de maio, incluído, comeza a campaña de recollida de roupa nova ou seminova para o obradoiro intensivo Fondo de armario que impartirá a artista Elena G. Dahlgren o vindeiro 7 de maio. Valerá calquera tipo de prenda: roupa de baixo, blusas, xerseis, calcetíns, saias, vestidos… O único requisito

Fondo de armario. Obradoiro

O vindeiro 7 de maio, a artista Elena G. Dahlgren impartirá un obradoiro no que quen participe construirá o seu propio miriñaque. Na xornada, que durará 7 horas (de 11h a 20h), o público asistente (adultos a partir de 12 anos) descubrirá non só a obra da artista, senón todo o que había detrás desta estrutura e o

O lugar onde habito

O sábado 25 de marzo, de 12 a 13:30h,  terá lugar o obradoiro O lugar onde habito, impartido pola artista Julia Ferradás. O taller está destinado a crianzas entre  4 e 6 anos. Nel reflexionaremos sobre “a importancia que ten a casa na que vivimos e lugar onde se sitúa”, segundo explica Julia. Para iso, partiremos dunhas preguntas

Casiñas e niños. Obradoiro de cerámica.

O sábado 18 de marzo, de 12 a 13:30h,  terá lugar o obradoiro de cerámica Casiñas e niños. O taller está destinado a familias con crianzas entre a partir de 4 anos. A partir do traballo coa cerámica construiremos un espazo que habitar. Casiñas e niños é un obradoiro creado a partir da exposición Íntima de Bibi Martín. Nel reflexionaremos