PEQUEARTISTAS (entre 4 e 14 anos)

Horarios.- Luns, martes e venres. As clases son de hora e media (90min). As crianzas poden entrar a partir das 16:30 no horario que se axuste mellor a cada familia. As clases rematan ás 19:15 (cada día). O último grupo ao que se poden incorporar é ao das 17:45. En caso de estar nalgún grupo concreto e no poder asistir un día, ofrécese a posibilidade de recuperar esa clase.

Descrición do curso.-  A partir de proxectos dun mes aproximado de duración, xs alumnxs aprenderán conceptos artísticos a partir do análise da obra de diferentes artistas e correntes.Non só aprenderán sobre as formas, cores, composicións, espazo… senón que comprenderán o proceso creativo de diferentes técnicas, expresións e movementos artísticos.

Debuxo, pintura, escultura, arquitectura, gravado, fotografía serán as técnicas plásticas ás que recorreremos en todas as súas posibilidades para explotar a narratividade de cada alumnx e serviranos para aprender a expresar emocións, a presentar ao grupo o seu traballo, a compartir, explorar o seu entorno e as súas emocións, elaborar conceptos complexos, a organizarse e a traballar en grupo e individualmente.

Os obradoiros creativos de Aire non só serven para aprender as técnicas que ensinamos, senón que son unha ferramenta para expresarse que xerará confianza nos alumnos e lle permitirá aprender divertíndose.

A nivel físico, o manexo dos materiais, pinceis, ferramentas de modelado, etc… axudaralles a afinar as súas capacidades e destrezas, así como a liberar tensións acumuladas.

Prezo.–  50€ de matrícula (para material), 35€ ao mes. É necesaria unha carpeta DINA3 e un mandilón ou roupa vella que poidan manchar.

ARTE E IDIOMA (entre 4 e 12 anos) con Lorca Institute

Horarios.- Inglés: luns: 16:30 a 18:00 // 18:00 a 19:30. Xoves: 17:00 a 18:30
Francés: mércores: 17:00 a 18:30
Alemán: mércores: 16:00 a 17:30
Descrición.- Estas clases combinan a aprendizaxe de distintas técnicas artísticas, teatro, canción… mergulladas na lingua escollida: inglés, francés e/ou alemán. As sesións son impartidas por profesoras da Academia de Idiomas Lorca Institute, en Aire centro de Arte.
Neste obradoiro pretendemos estimular a arte non só coas mans e os ollos, senón tamén a través da boca e das orellas. Para isto, combinamos o uso de distintas técnicas artísticas (pintura, debuxo, collage, fotografía, escultura…), con diferentes materiais e o descubrimento de artistas que nos permitan pasar un momento divertido a un tempo que aprendemos. Descubriremos pezas artísticas de distintos países e culturas e tamén de distintos momentos da nosa historia da arte, que nos servirán de inspiración para pensar, para falar, e crear as nosas propias reinterpretacións.

O noso método baseado en materiais e proxectos ten por obxectivo que os nenos e nenas interactúen coa arte desenvolvendo unha visión propia, acorde coas súas experiencias, e que quede reflectida nun traballo, nunha obra da que poder falar e sobre a que reflexionar durante o proceso de creación e tamén a posteriori.

Os clases están impartidas por:

Francés:  Lucía Vila, profesora de francés e español para estranxeiros desde hai 5 anos, ademais está especializada en tradución e interpretación.

Alemán: Nuria Suárez estudou Tradución e Interpretación de inglés e alemán na Universidade de Vigo mentres daba clases particulares no seu tempo libre.

Inglés: Melissa Krecklow, natural de EE.UU., filóloga en inglés e con experiencia en traballo con crianzas na área artística.

Prezo.- 20€ de matrícula para material e 45€/mes. É preciso traer unha carpeta DINA3 e un mandilón ou roupa vella que poidan manchar.

TEATRO E IDIOMA inglés (entre 8 e 12 anos) con Lorca Institute
Horario.- Mércores de 17:45 a 19:30

Descrición.-  
As clases son unha alternativa ao ensino académico, ofrecendo unha experiencia nova para gozar o idioma nunha contorna diferente ao da clase tradicional. Neste novo contexto xs nenxs sentiranse libres de expresarse artisticamente á vez que gozan de falar inglés e aumentan e reforzan a súa auto estima.Co obxectivo de soltarse, divertirse, aprender, interactuar e comunicarse, crearemos escenas nas que se pon en práctica o inglés cotián. Tamén traballaremos as principais ferramentas do actor que son o corpo, a voz e a mente, ademais de escoita, a aceptación, a imaxinación, a espontaneidade e a atención como puntos de partida. Así mesmo, descubriremos numerosos métodos e técnicas, como os métodos de Keith Johnstone e de Jersy Grotowsky entre outros, e usaremos xogos para actores e non actores de Agosto Boal.

Traballaremos a expresión corporal e oral, introducindo vocabulario e gramática dunha forma lúdica. O enfoque será a comunicación a transmisión de ideas e a improvisación.

O obradoiro está impartido por Minke Lap, licenciada en Arte Dramático, traballou  como profesora, actriz e directora e actualmente imparte clases de teatro en inglés e alemán. Actualmente é docente na academia de idiomas Lorca Institute.

Prezo.- 35€/mes