IDEA, CONCEPTO E PROCESO DA CREACIÓN (arte) NEVES SEARA

Horario.- XOVES 11:30h – 13:30h ou VENRES: 17:00 a 19:00

Descrición.- O curso de idea, concepto e proceso da creación segue unha didáctica semellante á utilizada nas facultades de Belas Artes. Porén, non é preciso ter coñecementos previos, debido a que son grupos reducidos, o que permite que as clases teñan unha atención personalizadas.

Durante as clases aprenderanse diferentes técnicas: pintura, debuxo, gravado, performance, escultura, collage… segundo o proxecto escollido por cada alumnx ou polo interese de cadaquén. Practicarase coa liña seguida polas artistas que expoñan no centro a un tempo que se busca unha linguaxe propia. Faise especial insistencia no proceso creativo, desde a idea ao seu desenvolvemento, ata chegar ao resultado e incluso ás opcións expositivas.

Este obradoiro inclúe a posibilidade de participar, unha vez ao mes, nas sesións de debuxo ao natural e de experimentación coa cor. Tamén nas master class que impartirán algunhas das artistas que expoñan en Aire centro de Arte.

Prezo.- 55€/mes con material incluído

 

 ARTE contemporánea: PROCESO DA CREACIÓN PLÁSTICA e ESCRITA : NEVES SEARA E JUAN BELLO

Horario XOVES 19-21 h 14-25 anos

Buscaremos a linguaxe de cada participante a

través da profundización de todo o proceso creativo (desde a idea inicial, ata o resultado final). Para acadala, practícanse distintas técnicas plásticas (acuarela, debuxo, escultura, fotografía, collage, instalación, fotolibro, libro de artista…), tanto para coñecer as ferramentas precisas como para atopar con que xeito de expresión se sinte cadaquén máis cómodx, investigando nos procesos de CREACIÓN POÉTICA. (haiku, aforismos, verso libre…)

55€/mes material incluído

 

 

 

 

DEBUXO E PINTURA

Horario.- martes: 11:30 a 13:30 ou xoves: 11:30 a 13:30

Descrición.- Os obradoiros de debuxo e pintura céntranse na aprendizaxe e profundización de distintas técnicas: grafito, tinta chinesa, acuarela, óleo, bolígrafo, pastel… Vai dirixido a un público que queira aprender conceptos como perspectiva, encadre, composición, texturas, sombreado, teoría da cor… desde 0 ou que teña xa nocións pero queira desenvolver máis os seus coñecementos.

Prezo.- 55€/mes con material incluído