Aire son…


nevesfoto-e1431687672895-150x150Neves Seara:
Licenciada en Belas Artes, especializada en escenografía. Máster en museografía. Cursos de doutorado e DEA en Historia da Arte Contemporánea. 14 anos expoñendo a nivel internacional: A Habana, Helsinki, Londres, Atenas, ademais de en numerosos lugares de España… Actualmente traballa como artista para a Galería Metro (Santiago de Compostela) e a Galería Dosmilvacas (Ponferrada). Ademais de obra plástica, realiza performances en diversos museos e institucións para diferentes eventos culturais como o Festival Nacional Miradas de Mujer. Foi seleccionada no Premio Novos Valores 2004 e premiada no Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense en 2013. En 2016 recibe o Premio de Intervención da Zona C, Santiago de Compostela, e é seleccionada no Certame de Arte do Auditorio de Galicia. Dirixe a escola e galería de arte Aire centro de Arte, onde imparte obradoiros e clases de Arte, creatividade e performances. Desde alí coordina as exposicións, os talleres con outros docentes colaboradores e a edición do Fanzine Aire, revista sobre arte e pensamento onde se reflicten todas as actividades do centro.

 

IMG_2221-e1431687569264-150x150Andrea Barreira Freije: Licenciada en Xornalismo, especializouse nas ramas de comunicación medioambiental e social. Actualmente imparte talleres de narrativa nos centros Taller Abierto (Pontevedra) e Aire Centro de Arte (Santiago de Compostela). Como escritora participou en distintas antoloxías para adultos: Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal (Urco Editora), Contos Estraños: Lendas de Gallaecia, Contos Estraños: Segunda Era, Contos Estraños: Encontros na Terceira Era (da editora Contos Estraños), Tebras da Alma e Contos de Verán (Redelibros); e, infantís, como Ilusionaria IV. Tamén participa como autora na plataforma web de literatura infantil e xuvenil “Boolino” e no fanzine Aire. Publicou a novela xuvenil Non hai luz sen escuridade, baixo o selo de Urco Editora. Actualmente co-dirixe a escola e galería de arte Aire centro de Arte.

 

cris-400x450Cristina R. Lesmes é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Granada e exerce de tradutora-intérprete freelance desde o ano 2008. As súas linguas de traballo son inglés, francés, castelán e galego. Residiu e traballou en Bruselas, París e Nova Caledonia, onde foi Auxiliar de Conversación no Instituto de Educación Secundaria Lycée du Grand Nouméa. No 2013 instalouse en Galicia, onde ademais de proseguir coa súa actividade profesional como tradutora, redactora e profesora de linguas, completou a súa formación realizando estudos de máster na Universidade de Santiago de Compostela: o Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, FP e Ensinos de Linguas na rama de Linguas e Literaturas (2014) e o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura (2015) na especialidade de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.  Cursa o programa de doutoramento de Estudos da Literatura e da Cultura no grupo de investigación GI-1371 da USC e dedícase á fotografía no seu tempo libre.

visitacion-150x150Visi López del Riego é licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo. Completou os seus estudos xurídicos cos cursos de doutorado na rama de Dereito Privado na mesma facultade, obtendo, posteriormente, o título na Escuela de Práctica Jurídica do Principado de Asturias. Na actualidade é avogada nos Colegios de Abogados de Oviedo e Santiago de Compostela. Ademais é Especialista Universitaria polo Instituto de Dereito Industrial (Universidade de Santiago de Compostela) en Dereitos de Autor, Marcas, Propiedade Intelectual e Industrial. A día do hoxe, compaxina o exercicio libre da avogacía coa participación en obradoiros, charlas, seminarios, redacción de artigos e reseñas legais e actividades de formación xurídica sobre temas artísticos, culturais, sociais e de consumo.

A creatividade non ten límites