Verán creativo!

CAMPAMENTO DE VERÁN
EN AIRE CENTRO DE ARTE!!
  VIVCREATIVIDADE!!!
MATRÍCULA ABERTA!
 
Achégase o verán e Aire centro de Arte e Cornelia Craft únense para ofrecervos un Verán Creativo! Xa está aberta a matrícula!
No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de setembro, nun horario de 10h a 14h (tamén haberá a opción para as persoas máis madrugadoras de comezar ás 8h), as crianzas de entre 4 e 12 anos desenvolverán aspectos emocionais e de concienciación medio-ambiental a través da creatividade. Arte, música, teatro, escultura… convivirán para facer un verán único e ameno, no que se combinarán as actividades no interior e no exterior.
Así, dividiremos o verán creativo en dúas partes:
1Mes de xullo (do 3 ao 28, en Aire centro de Arte):
Cornelia Craft desprega as súas ferramentas para que a partir da arte, música e a concienciación medio-ambiental, as crianzas desenvolvan as emocións.
O corpo, a través do xogo, a música, o teatro e a literatura, amosaralles a relación das persoas co mundo.
O mes rematará cun concerto da Baby Band no que participarán as crianzas que veñan ao campamento. Terá lugar no Auditorio de Galicia, na sala Mozart. Será unha actividade aberta ao público, que tamén poderá ser parte dela.
2. Mes de setembro (do 4 ao 15, en Aire centro de Arte):
Collemos a quenda en Aire centro de Arte. A través do debuxo, a escultura, a arquitectura, a cianotipia… as crianzas desenvolverán a súa creatividade.
Poñeremos a atención no concepto do ser humano dentro do mundo, como ente que convive e intervén nel.
Remataremos esta parte cunha acción no parque da Música, no que as crianzas crearán unha instalación efémera. Ademais, haberá unha exposición en Aire centro de Arte na que se amosará o traballo realizado durante os dous meses. Serán actividades abertas e participativas a todo o público.
O prezo do campamento é de 85€ á semana, cun desconto do 10% a familias e amigos (non acumulativo). Dámos así a posibilidade de que as familias escollan o tempo que queren gozar das actividades.
A partir de hoxe, ABRIMOS MATRÍCULA! 
Reservade a vosa praza en: 
981 589 059

Cornelia Craft e a súa  Baby Band traballan a través do ocio ecolóxico. Son expertos no desenvolvemento creativo na infancia a partir da liberdade para crear e xerar representacións artísticas nadas da súa intención e do inesperado, dando os primeiros pasos cara a educación ambiental e musical.

Aire centro de Arte é un espazo no que se pretende xerar coñecemento emocional e sensorial a través das artes plásticas, escritura, idiomas… a través dunha perspectiva de xénero. Promove eventos culturais para outras entidades. Tamén funciona como sala de exposicións de arte contemporánea na que se combinan artistas recoñecidxs con novxs creadorxs.

Máis información: airecentrodearte@gmail.com // 981 589 059
Agardámosvos!
Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *