Debuxo e pintura

As persoas interesadas en aprender a base de debuxo e pintura atoparán aquí o seu espazo. Estas clases están orientadas á ensinanza de distintas técnicas: grafito, acuarela, óleo, carbón, pastel… o que lles permitirá descubrir as súas posibilidades, propiedades e texturas. Ademais aprenderán conceptos como a composición, o uso da cor, perspectiva, encadre, sombreado… Os

Idea, concepto e proceso da creación (Arte)

Idea, concepto e proceso da creación é un curso que segue a metodoloxía das facultades de Belas Artes. Nel, quen participa desenvolve ou seu propio proxecto creativo, desde a concepción da idea á execución da peza, pasando pola investigación do concepto que se pretende desenvolver. A un tempo apréndense e profúndase nas distintas técnicas que

Almorzos creativos

Un ano máis, xuntámonos as mañás do sábado para almorzar e descubrir as entrañas da narrativa. Desde unha perspectiva práctica, as persoas participantes aprenderán as diversas opcións de uso das ferramentas narrativas (narrador, personaxes, tempo, espazo, trama…) para, desde o coñecemento destas, experimentar e deixarse levar pola escritura dunha historia. Mensualmente abordarase un tema, moitas

Teatro e inglés para adultos

Este ano, non só as crianzas teñen teatro. As persoas adultas, a partir de 16 anos, tamén terán  Teatro e Idioma, en inglés, como parte da colaboración co centro de idiomas Lorca Institute.  As sesións terán lugar o 2º e 4º sábado de cada mes, de 11:30 a 13:30. O prezo  do obradoiro é de 45€/mes. O

Pequeartistas

As crianzas aprenderán distintas técnicas e expresións a través do traballo de artistas do pasado e do presente, sen perder nunca a súa propia ollada. Así desenvolverán o seu xeito de ver, interpretar e crear o mundo no que viven. Ademais terán a posibilidade de recibir clase das artistas que expoñan en Aire e, unha

Teatro e Idioma (inglés) para crianzas

Como novidade, este ano abrimos matrícula para Teatro e Idioma para crianzas, en inglés, como parte da colaboración co centro de idiomas Lorca Institute. Está pensado para nenxs entre 8 e 12 anos. As sesións terán lugar os mércores de 17:45 a 19:30. O prezo  do obradoiro é de 35€/mes. O taller estará impartido por Minke Lap,

Verán creativo! Setembro

CAMPAMENTO DE VERÁN ARTE E IDIOMA! EN AIRE CENTRO DE ARTE!!   VIVE A CREATIVIDADE!!! MATRÍCULA ABERTA!   Remata o verán, pero non a diversión.  Aire centro de Arte xunto á Escola de Idiomas Lorca Institute ofrécevos un final de Verán Creativo! Arte e Inglés da man! Xa está aberta a matrícula para setembro! No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante a primeira quincena de setembro,

Unha inclusión da vida cotiá na arte

Roi Domínguez amosa en Oxímoro un conxunto de instalacións nas que confronta o doméstico co alleo. O pasado venres 26 de maio, inaugurouse en Aire centro de Arte a exposición deste artista novo, a primeira que realiza de forma individual. Oxímoro é un proxecto que xorde a partires da visita de Roi a Aire centro de Arte, espazo