Cinzas: “non todo é branco e negro”, performance en Aire centro de Arte

O próximo martes 26 de febreiro ás 21h terá lugar Cinzas: “non todo é branco e negro”, unha performance de Diego Negro e Neves Seara.

Esta sociedade polarizada entre o ben e o mal, o femenino e o masculino, estase derrubando ante a evidencia catárquica da ruina do insostible, deixando ao descuberto unha nube de pó de cinzas que abre un infindo abano de grises, matices, formas, texturas… diferencias sutís con límites difusos que nos permitirá, unha vez estoupe o volcánancestral dos patrós impostos, navegar entre grises e néboas. Escalas tonais con infindas posibilidades.

Aparentemente perdidos nesa espesura, en realidade estamos construíndo o futuro.

Diego Negro e Neves Seara xuntan as súas inquedanzas comúns e a súa formación e traballo de anos co corpo, a escea e a expresión artística para xerar unha performance vibrante e catárquica.

Cinzas: “non todo é branco e negro” é unha performance relacionada coas cuestións de xénero, a través do traballo co corpo e a expresión escénica.

Diego Negro é cantante, compositor e guitarrista. Estudou na ESAD de Galicia e ten coñecementos de artes escénicas e sobre o uso do corpo. Con certa traxectoria no mundo da música, é vocalista do grupo de blues Mojo Experience e, tras probar con varias formacións con músicos ben recoñecidos no mundo do jazz en Galicia, forma en 2018 Diego Negro Trio. Tamén é guitarrista e compositor en Eucaria e guitarrista, vocalista e compositor en Poesía Canalla. Asimesmo, imparte obradoiros de técnica vocal para cantantes.

Neves Seara é licenciada en Belas Artes pola UEM (Madrid) coa especialización en Escenografía. Tamén especializouse en Museografía pola USC. Traballa como artista plástica e performer ao mesmo tempo que dirixe Aire centro de Arte en Santiago de Compostela. Levou a cabo actividades de didáctica cultural e artística en institucións diversas como o CGAC ou a Fundación Granell. Realizou diversas exposicións, tanto individuais como colectivas, en galerías, espazos e feiras tanto nacionais como internacionais. Gañadora de premios relacionados coa creación artística, tamén fixo intervencións públicas  e performances, con 15 anos de traxectoria realizando accións.

Agardámosvos!

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *