Debuxo e pintura

As persoas interesadas en aprender a base de debuxo e pintura atoparán aquí o seu espazo. Estas clases están orientadas á ensinanza de distintas técnicas: grafito, acuarela, óleo, carbón, pastel… o que lles permitirá descubrir as súas posibilidades, propiedades e texturas. Ademais aprenderán conceptos como a composición, o uso da cor, perspectiva, encadre, sombreado… Os

Raíces estereotipadas

“Unha muller que non se gusta a si mesma non pode ser libre e o sistema tense encargado de que as mulleres non cheguen a gustarse nunca” (Beatriz Gimeno). Desde as súas orixes ata hoxe, os medios de comunicación seguen a adxudicar á muller o mesmo papel: xoguete sexual, nai, filla, irmá, secretaria… Sempre coidadoras,

O traballo de ser muller

Xuntar a tres mulleres, tres loitadoras, arredor dunha mesa da pé a debater numerosas cuestións. Nesta ocasión, o Mes de Xénero brindou a oportunidade perfecta para debater acerca da realidade diaria que, como mulleres, temos que afrontar no ámbito laboral. Así, o sábado 19 de novembro, viñeron compartir inquedanzas Monse Vilar, especialista en igualdade, identidade

RAÍCES ESTEREOTIPADAS. O corpo feminino como obxecto na publicidade

O próximo mércores 30 de novembro ás 18h terá lugar en Aire Centro de Arte a charla Raíces estereotipadas. O corpo feminino como obxecto na publicidade. O coloquio artellarase en base a tres bloques: Publicidade ou arte? Por Neves Seara. Os límites da lexislación. Por Visi López del Riego. O corpo feminino na publicidade española.

Como ser unha casa. Taller de performance

<<Na tarde do sábado 26 de novembro, de 16 a 21h, desenvolverase un obradoiro de performance, para adultos a partir de 16 anos, impartido pola performer Neves Seara. Como ela mesma explica, <<neste taller trataremos de espertar ao explorar que levamos dentro, deixando o autoxuízo, os medos… para aprender nun entorno coidado a expresarnos de outros xeitos.

O traballo de ser muller

Na actualidade, as mulleres seguimos cargando con moitos estereotipos tradicionais ligados ao xénero. Se nos paramos a pensar só un momento na situación laboral de moitas delas, poderiamos pensar que estes estereotipos foron derivados a prol dunha igualdade vixente a través de diferente normativa. Mais achegándonos á realidade laboral resulta demasiado obvio que ese espellismo

#mesdexénero_axenda de actividades

O mes de novembro configúrase como un mes moi especial, cheo de actividades. Por mor do día internacional contra a violencia de xénero, adicamos cada acto (obradoiros e exposicións) á visión feminista. Ademais, o recaudado con elas irá adicado á campaña #savegendermuseum. Aquí deixamos o listado, tedes moito onde escoller! 4_novembro_20h Inauguración de #casamorada, un micromuseo

Ciclo de conferencias: Xénero e legalidade dende diferentes ámbitos

A primeira das conferencias, terá lugar o xoves 26 de maio ás 19:00h. Vén da man de Luca Chao, licenciada en Ciencias Políticas e doutoranda, e leva por título Mulleres e política: outra fenda de desigualdade. Nela falaranos dos espazos de participación política da muller, nos que persiste a desigualdade. Luca fálanos de “as dúas

Arte como protesta de xénero, como protesta social

A partires dos anos 60 abríronse novos derroteiros no ámbito artístico e cultural e a sociedade comezou a interesarse por novas formas de arte baseadas na protesta, na loita, no berro… En definitiva, baseadas nunha serie de accións que teñen cabida nun mundo no que parece que se non berras ninguén te escoita. O pasado

54 quilos de dor salgada

O mércores 25N, data marcada a sangue nos calendarios, chegamos á vila de Tui que agardaba por nós cuberta de néboa. A pedra da catedral latexaba expectante, como as cativas e cativos que se achegaron até ela para presenciar a performance Amante de Sal de Neves Seara. Os arcos do Museo Histórico Diocesano observaron como