Teatro e inglés para adultos

Este ano, non só as crianzas teñen teatro. As persoas adultas, a partir de 16 anos, tamén terán  Teatro e Idioma, en inglés, como parte da colaboración co centro de idiomas Lorca Institute.  As sesións terán lugar o 2º e 4º sábado de cada mes, de 11:30 a 13:30. O prezo  do obradoiro é de 45€/mes.

O taller estará impartido por Minke Lap, licenciada en Arte Dramático, traballou  como profesora, actriz e directora e actualmente imparte clases de teatro en inglés e alemán. Actualmente é docente na academia de idiomas Lorca Institute.

Os obxectivos do curso son os seguintes:

As clases permitirannos traballar a desinhibición e o medo escénico, tanto á hora de falar inglés como á hora de actuar. O obxectivo sempre será soltarse, divertirse, aprender, interactuar e comunicarse.

Tamén traballaremos as principais ferramentas do actor que son o corpo, a voz e a mente, ademais da escoita, a aceptación, a imaxinación, a espontaneidade e a atención como puntos de partida.

Descubriremos numerosos métodos e técnicas, como os métodos de Keith Johnstone e de Jersy Grotowsky entre outros, usaremos xogos para actores e non actores de Agosto Boal e ao final presentaremos un pequeno monólogo usando, por exemplo, textos de cancións en inglés.

O idioma empregado será principalmente o inglés pero sempre tendo en conta que o importante é comunicarse e transmitir.

Estrutura da clase

Cada encontro dividirase en dúas partes:

O quecemento (terá o mesmo contido en cada clase): Traballaremos primeiro de forma individual e introvertida (cara dentro) para chegar ao traballo grupal e extrovertido (cara a fóra), usando exercicios de J. Grotowsky.

Os compoñentes son: a relaxación, a flexibilidade, o coñecemento do corpo, a resistencia, a voz e o ritmo.

Os contidos: cada clase basearase nun tema diferente.

 

Máis información e reserva de prazas en:
airecentrodearte@gmail.com // 981 589 509

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *