Escintileos de papel II. Taller de origami

Un mes máis, volven os obradoiros de origami da man de FrufrüOrigami (Andreia Agra). A próxima cita será unha xornada dobre: o 6 e o 13 de maio, de 17h a 19:30. Está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos.

Desta volta, as pezas creadas estarán adicadas á luz, por iso aprenderemos a construír unha grilanda de triángulos dunha soa peza, unha lámpada de teito sinxela e outra complexa, unha lámpada de mesa modelo “Paolo Bascetta” con portalámpadas e interruptor lista para usar e unha lámpada Estrela Omega.

O prezo do obradoiro será de 28€/material incluído.

As prazas son limitadas, polo que se prega a reserva en airecentrodearte@gmail.com ou no 981 589 059.

Aquí vos deixamos unhas verbas da profesora, Andreia Agra:

“O papel ten tantas vidas como queiramos darlle. Unha simple folla vella pode ser unha flor, unha ra ou unha bolboreta. Neste obradoiro o papel rexurdirá das súas cinzas para iluminar os nosos fogares, grazas á papiroflexia clásica, modular ou aos corrugados. Faremos unha lámpada de mesa, lista para usar e diferentes pezas en varios tamaños.

Está destinado a calquera persoa interesada na decoración e no origami. Non son necesarios coñecementos previos sobre a papiroflexia pero requírese paciencia e habilidade coas mans”.

Agardámosvos!

Por favor seguenos e comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *