Verán creativo! Setembro

CAMPAMENTO DE VERÁN

ARTE E IDIOMA!

EN AIRE CENTRO DE ARTE!!
  VIVCREATIVIDADE!!!
MATRÍCULA ABERTA!
 
Remata o verán, pero non a diversión.  Aire centro de Arte xunto á Escola de Idiomas Lorca Institute ofrécevos un final de Verán Creativo! Arte e Inglés da man! Xa está aberta a matrícula para setembro!
No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante a primeira quincena de setembro, nun horario de 10h a 14h a primeira semana (tamén haberá a opción para as persoas máis madrugadoras de comezar ás 8h), e de 16h a 18 a segunda semana, as crianzas de entre 4 e 12 anos desenvolverán aspectos emocionais e de concienciación medio-ambiental a través da creatividade. Arte, música, teatro, escultura… convivirán para que o verán remate nunha gran festa, na que se combinarán as actividades no interior e no exterior. Ademais, Lorca Institute ofrecerá o seu profesarado e ferramentas para mergullar ás crianzas na lingua inglesa dun xeito ameno, profesional e traballado.
A través do debuxo, a escultura, a arquitectura, a cianotipia… as crianzas desenvolverán a súa creatividade a un tempo que aprenden ou melloran o inglés.
Poñeremos a atención no concepto do ser humano dentro do mundo, como ente que convive e intervén nel.
Remataremos cunha acción no parque da Música, no que as crianzas crearán unha instalación efémera. Ademais, haberá unha exposición en Aire centro de Arte na que se amosará o traballo realizado durante este tempo. Será una actividade aberta e participativa a todo o público que se achegue.
O prezo do campamento é de 85€ á semana, cun desconto do 10% a familias e amigos (non acumulativo). Dámos así a posibilidade de que as familias escollan o tempo que queren gozar das actividades.
A partir de hoxe, ABRIMOS MATRÍCULA! 
Reservade a vosa praza en: 

981 589 059

Aire centro de Arte é un espazo no que se pretende xerar coñecemento emocional e sensorial a través das artes plásticas, escritura, idiomas… a través dunha perspectiva de xénero. Promove eventos culturais para outras entidades. Tamén funciona como sala de exposicións de arte contemporánea na que se combinan artistas recoñecidxs con novxs creadorxs.

Lorca Institute é unha escola na que se imparte inglés, francés, alemán, portugués, italiano e español para estranxeiros, sendo un centro oficial para o exame e certificado destas linguas. Defínense así: » O noso compromiso é proporcionar unha ensinanza de calidade nun entorno profesional e distendido. Os nosos principios son a evolución persoal na aprendizaxe, a solidariedade e a tolerancia. O noso lema é aprender xogando cun método comunicativo».

Máis información: airecentrodearte@gmail.com // 981 589 059
Agardámosvos!
Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *