O lugar onde habito

O sábado 25 de marzo, de 12 a 13:30h,  terá lugar o obradoiro O lugar onde habito, impartido pola artista Julia Ferradás. O taller está destinado a crianzas entre  4 e 6 anos. Nel reflexionaremos sobre «a importancia que ten a casa na que vivimos e lugar onde se sitúa», segundo explica Julia. Para iso, partiremos dunhas preguntas

Invención. Cartilla de familia. Taller de fotocomposición

O vindeiro 28 de xaneiro, de 10h a 14h e de 16h a 20h, Melania Freire impartirá o obradoiro  de fotocomposición «Invención. Cartilla de familia«. O taller está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. A partir da exposición Inventario, xs participantes reinterpretarán o álbum familiar a través de fotografías orixinais, feitas

Inventario, de Melania Freire

Inauguramos trimestre coa exposición Inventario, de Melania Freire. Será mañá, 20 de xaneiro, ás 20h, no espazo expositivo da primeira planta de Aire centro de Arte. Inventario recolle unha serie de obxectos, pequenos xestos e rituais, que forman parte da historia de Melania Freire, parte da cal non viviu pero que se conforma como a

Raíces estereotipadas

“Unha muller que non se gusta a si mesma non pode ser libre e o sistema tense encargado de que as mulleres non cheguen a gustarse nunca” (Beatriz Gimeno). Desde as súas orixes ata hoxe, os medios de comunicación seguen a adxudicar á muller o mesmo papel: xoguete sexual, nai, filla, irmá, secretaria… Sempre coidadoras,

RAÍCES ESTEREOTIPADAS. O corpo feminino como obxecto na publicidade

O próximo mércores 30 de novembro ás 18h terá lugar en Aire Centro de Arte a charla Raíces estereotipadas. O corpo feminino como obxecto na publicidade. O coloquio artellarase en base a tres bloques: Publicidade ou arte? Por Neves Seara. Os límites da lexislación. Por Visi López del Riego. O corpo feminino na publicidade española.

Como ser unha casa. Taller de performance

<<Na tarde do sábado 26 de novembro, de 16 a 21h, desenvolverase un obradoiro de performance, para adultos a partir de 16 anos, impartido pola performer Neves Seara. Como ela mesma explica, <<neste taller trataremos de espertar ao explorar que levamos dentro, deixando o autoxuízo, os medos… para aprender nun entorno coidado a expresarnos de outros xeitos.

Recortes de vida

O pasado venres, Aire Centro de Arte encheuse de música dun xeito moi especial. Ás oito da tarde tivo lugar a inauguración de Una moneda, un baile, de Maite Ortega, unha mostra que se enmarca dentro do seu proxecto de collages sonoros. Puidemos afondar coa artista nesta orixinal combinación dos conceptos de música e collage

Collages Sonoros. Obradoiro de Collage

Docente: Maite Orteja Data: 12 de novembro de 2016. Duración: De 12 a 13:30 (nenxs a partir de 4 anos) 17:00h a 20:00h (adultos) Público: A partir de 4 anos. Prezo: 15€ nenxs con material incluído 35€ adultos con material incluído O sábado 12 de novembro desenvolverase un novo obradoiro intensivo, tanto para nenxs (a partir de 4 anos), na sesión de

NORTE. Coordenadas culturais

Hoxe as entrevistadas son elas. E elas son NORTE, cinco mulleres que compoñen unha palabra que en pouco tempo dará moito que falar. Porque NORTE non só é unha palabra, senón unha paixón, unha corrente de aire frío que vén para espertarnos e berrarnos todo canto nos estamos a perder, por exemplo neste mesmo intre

Abrimos matrícula!

  Un ano máis convidámosvos a matricularvos nos obradoiros regulares que terán lugar en Aire centro de Arte durante 2016-2017. Para ir abrindo as ganas, deixámosvos as diferentes opcións que vos poderedes atopar. Estade atentxs, pois iremos ampliando información sobre cada curso.     NENXS 1.- Arte e Idioma. Poderase escoller entre inglés e francés.