Inventario, de Melania Freire

Inauguramos trimestre coa exposición Inventario, de Melania Freire. Será mañá, 20 de xaneiro, ás 20h, no espazo expositivo da primeira planta de Aire centro de Arte.

Inventario recolle unha serie de obxectos, pequenos xestos e rituais, que forman parte da historia de Melania Freire, parte da cal non viviu pero que se conforma como a súa raizame. Esta mostra xorde precisamente desa necesidade de construír e aprender a súa identidade a partir da realidade familiar.

En palabras de Melania (que podedes ler no número 12 do Aire Fanzine de Arte: Matriz)  «Inventario é un lugar transitado como un xacemento arqueolóxico persoal. Unha porta de acceso ao sensible.»

A mostra estará ata o 24 de febreiro.

Ademais, o 28 de xaneiro, Melania Freire impartirá o obradoiro Inventario. Cartilla de familia. Trátase dun taller para adultos (a partir de 12 anos) no que os participantes, a través da intervención de obxectos e fotografías reinterpretarán tanto a exposición como a súa propia historia familiar.

Se queredes saber máis de Melania Freire, podedes visitar a súa páxina web.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *