Invención. Cartilla de familia. Taller de fotocomposición

O vindeiro 28 de xaneiro, de 10h a 14h e de 16h a 20h, Melania Freire impartirá o obradoiro  de fotocomposición “Invención. Cartilla de familia“. O taller está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos.
A partir da exposición Inventario, xs participantes reinterpretarán o álbum familiar a través de fotografías orixinais, feitas no momento e ilustracións.
De aí a necesidade de que xs participantes traian ou ben a súa propia cámara de fotos ou o teléfono para poder sacalas, pois parte do taller consistirá en sacar fotos a situacións, obxectos… que lembren a historia familiar de cadaquén. As fotografías imprimiranse en Aire centro de Arte para que poidan ser intervenidas durante o obradoiro.  Ademais deberán traer os seus propios albumes e fotos familiares.
A partir de todos estes elementos construírase un novo álbum familiar como o da propia artista ou seguindo o exemplo de outros fotolibros de diferentes creadores.
O prezo é de 45€ con material incluído.
Reserva a túa praza en:
airecentrodearte@gmail.com
981 589 059
Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *