Unha inclusión da vida cotiá na arte

Roi Domínguez amosa en Oxímoro un conxunto de instalacións nas que confronta o doméstico co alleo. O pasado venres 26 de maio, inaugurouse en Aire centro de Arte a exposición deste artista novo, a primeira que realiza de forma individual. Oxímoro é un proxecto que xorde a partires da visita de Roi a Aire centro de Arte, espazo

Mamá quero ser artista! (II)

Un ano máis, damos por finalizado un curso cheo de risos, aprendizaxe e amizade. Para celebralo, queremos compartir con vós o traballo realizado durante estes meses. Será unha festa exposición que terá lugar o 23 de xuño ás 19h en Aire centro de Arte. Nesta exposición veredes obras de artistas que van desde os 4

Taller de moldes, con Roi Domínguez

Achegámonos ao final de curso da man do artista ourensán Roi Domínguez. Especialista en escultura, preséntanos un obradoiro de moldes que terá lugar os días 10 e 11 de xuño. O horario será de mañá, de 10h a 14h. Está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. No obradoiro, quen perticipe construirá

Anécdotas legais varias (I)

A orixe do dereito de participación en re-venta de orixinais plásticos A nosa especialista en dereito legal dx artista, Visi López del Riego, ademais dos Briconsellos Legais, déixanos unha serie de anécdotas para que descubrades o que hai detrás das lexislacións culturais. Comezamos con: A orixe do dereito de participación en re-venta de orixinais plásticos.

Verán creativo!

CAMPAMENTO DE VERÁN EN AIRE CENTRO DE ARTE!!   VIVE A CREATIVIDADE!!! MATRÍCULA ABERTA!   Achégase o verán e Aire centro de Arte e Cornelia Craft únense para ofrecervos un Verán Creativo! Xa está aberta a matrícula! No espazo compostelán de Aire centro de Arte, durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de setembro, nun horario de 10h a 14h (tamén haberá a opción para as persoas máis madrugadoras de comezar ás 8h),

Baby Band!

O 29 de abril ás 11:30h, Aire centro de Arte énchese de música e contos para todas as idades. Desde A Coruña chega a Baby Band! A través do seu último espectáculo Canta Poesía, a banda fará un percorrido pola poesía actual e de sempre a través «dun divertido e entrañable espectáculo para toda a familia».

No soundpainting non existen os erros

Texto: Alba Lojo Con esta rotunda afirmación daba comezo o sábado, 21 de xaneiro, o taller intensivo de soundpainting impartido por Ricardo Gassent no Auditorio de Galicia. Durante a xornada, o vínculo existente entre a capital galega e o soundpainting tomou novos impulsos. Poñéndonos en antecedentes, Santiago de Compostela foi o primeiro lugar en coñecer

Invención. Cartilla de familia. Taller de fotocomposición

O vindeiro 28 de xaneiro, de 10h a 14h e de 16h a 20h, Melania Freire impartirá o obradoiro  de fotocomposición «Invención. Cartilla de familia«. O taller está dirixido a un público adulto, a partir de 12 anos. A partir da exposición Inventario, xs participantes reinterpretarán o álbum familiar a través de fotografías orixinais, feitas

Inventario, de Melania Freire

Inauguramos trimestre coa exposición Inventario, de Melania Freire. Será mañá, 20 de xaneiro, ás 20h, no espazo expositivo da primeira planta de Aire centro de Arte. Inventario recolle unha serie de obxectos, pequenos xestos e rituais, que forman parte da historia de Melania Freire, parte da cal non viviu pero que se conforma como a

Unha raizame de papel. Taller de Origami

O sábado 17 de decembro, de 17 a 19:30h, volve o obradoiro de origami impartido por Andreia Agra (Frufrüorigami). O taller está destinado a persoas a partir de 12 anos. Como explica Andreia <<tentaremos  que vos sintades satisfeitos de facer algo coas mans, recordando as nosas raíces, nas que precisamente as mans era un das partes do corpo máis importantes