Baby Band!

O 29 de abril ás 11:30h, Aire centro de Arte énchese de música e contos para todas as idades. Desde A Coruña chega a Baby Band! A través do seu último espectáculo Canta Poesía, a banda fará un percorrido pola poesía actual e de sempre a través “dun divertido e entrañable espectáculo para toda a familia”.

Debedes saber que a Baby Band de Cornelia Craft é moito máis que un espectáculo de contos con música en directo pois busca a estimulación temperá das crianzas no que se “usa  expresión musical como ferramenta para abordar a intelixencia emocional”.

Que se logra con todo isto? Que as crianzas, a través da combinación de distintas artes se desenvolvan a nivel cognitivo, social e sensorial. Para iso, Cornelia Craft mestura a creación, o xogo, o baile… conseguindo, grazas á participación das propias crianzas, que cada actuación sexa diferente e única. O rock, a bossa, o soul e outros moitos estilos musicais mestúranse co teatro nunha experiencia pedagóxica diferente.

“Imaxinación, maxia, creatividade e ilusión”, son as verbas coas que se define Cornelia Craft e a súa Baby Band. Palabras que xa demostraron o seu peso coa súa participación en espazos como o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, ao que levaron o seu espectáculo sobre o libro Funámbulus escrito por Álex Tovar e ilustrado por África Fanlo.

A Baby Band está composta por David Tomás,  músico e mestre de primaria; Flavia Barreiro, contacontos e guionista; Miguel Ansel, biólogo e violinista e Bego Garea, directora creativa e voz na Baby Band e fundadora de Cornelia Craft.

O prezo varía en función dos membros da familia que nos visiten: 6€ de vir sós ou soas, 12€  unha crianza con acompañante (a partir de 12€ o prezo subirá 3€ en función dos membros que veñan).

Por mor de aforo é preciso reservar a vosa praza. Podedes chamar ao 981 589 059 ou escribir a airecentrodearte@gmail.com.

Agardámosvos! Estamos seguras de que non vos defraudaremos!

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *