Ollal sen botón. Biografía das artistas consolidadas

Como non podería ser doutra maneira, para esta exposición contamos con artistas mulleres: Bárbara Velasco, Carolina Cruz Guimarey e Teresa Búa, artistas que cun impáctante traballo transmiten esta experiencia de empoderamento con liñas diferentes. Bárbara é unha artista que traballa sobre todo desde o campo da educación, e en concreto, o da educación feminina. Para a

Déjà Vu. Volver unha e outra vez…

Todo é cuestión de tempo. Quizais porque comeza con el, quizais porque aínda que nós non esteamos el continúa. Sempre avanzando, sen deterse malia que o seu ritmo semelle cambiar. Pode que por iso os Déjà Vu sempre nos deixen con esa sensación estraña de non saber en que momento estamos, ou se somos quen

“Cuatro canciones”, de Juan Bello

“Imagina un pez. El pez se hunde en el estómago del río: cuanto más hondo, más oscuras se vuelven tus manos. (…) ” Así comeza a primeira canción das que compoñen o libroCuatro canciones de Juan Bello, editado por Ártese Quien Pueda. O autor presentará a obra o vindeiro 4 de marzo, ás20h (Aire centro de Arte,

Escintileos de papel

FICHA TÉCNICA: Obradoiro: Escintileos de papel. Obradoiro de Origami. Docente: Andreia Agra. (frufrüOrigami) Data: 12 de marzo de 2016. Duración: De 17h a 19:30h Público: A partir de 12 anos. (Máx. 12 alumnxs) Prezo: 18€ con material incluído A luz é, por si soa, unha marabilla da natureza: os raios que nos iluminan polas mañás cando abrimos a persiana, a bombilla que guía a

Cando a pel se converte en arte

Para un segundo. Detén a túa ollada por un anaco. Observa con coidado as liñas que debuxan ao ser que tes diante. Es quen de ver cada liña? Cada curva que conforma o seu corpo? Como se descompón en esferas, óvalos…? Ves como os músculos se desfán marcando camiños sobre a pel? Para. Observa. Busca a

Tarde de monstros e cores

De cando en vez é preciso sacar ao noso monstro interior, enfundarse en arañeiras e ir botar uns bailes con música de tebras pero con moito ritmo. En Aire centro de Arte, gústannos as festas, sobre todo se van vestidas de risos e creatividade. O pasado novembro organizamos unha Festa de Monstros e Arañas ao

Obradoiro de Debuxo Expandido

FICHA TÉCNICA: Obradoiro: Debuxo expandido   Imparte: Ana Seoane Data: 19 de decembro de 2015 Duración:  11h a 14h Público: Para todos os públicos Prezo: 5€/persona Hai debuxos que transcenden o espazo, que escapan do papel, que sobresaen do lenzo, que non se conforman con estar dentro dunha caixa. Porén, todo comeza cun trazo, cunha figura que, aínda que semelle pequena

54 quilos de dor salgada

O mércores 25N, data marcada a sangue nos calendarios, chegamos á vila de Tui que agardaba por nós cuberta de néboa. A pedra da catedral latexaba expectante, como as cativas e cativos que se achegaron até ela para presenciar a performance Amante de Sal de Neves Seara. Os arcos do Museo Histórico Diocesano observaron como

Reflexión e obradoiro sobre a violencia de xénero

FICHA TÉCNICA: Obradoiro:  Charla e obradoiro ao redor da violencia de xénero Imparten: Visi López, Neves Seara e Andrea Barreira Data: 28 de novembro de 2015. Duración: 19:30h – 21:30h Público: A partir de 12 anos Prezo: 4€ Cada 25 de novembro, “celébrase” unha data triste: “O día contra a violencia de xénero”. Para achegármonos a esta problemática, reflexionaremos sobre

Amantes de Sal. ViolenciaZero

Mañá baixaremos a Tui. Alí, Neves Seara desenvolverá a súa performanceAmantes de Sal. Será unha homenaxe a todas as vítimas da violencia de xénero: as asasinadas, as feridas, as que calan, as que deciden erguer a voz… Cuberta cun vestido branco de plástico, como se dunha noiva se tratase, percorrerá a praza da Catedral. Nela deixará