Déjà Vu. Volver unha e outra vez…

Todo é cuestión de tempo. Quizais porque comeza con el, quizais porque aínda que nós non esteamos el continúa. Sempre avanzando, sen deterse malia que o seu ritmo semelle cambiar. Pode que por iso os Déjà Vu sempre nos deixen con esa sensación estraña de non saber en que momento estamos, ou se somos quen