“Cuatro canciones”, de Juan Bello

cuatrocanciones-copia-300x207“Imagina un pez.
El pez se hunde en el estómago del río:
cuanto más hondo,
más oscuras se vuelven tus manos. (…) ”

Así comeza a primeira canción das que compoñen o libroCuatro canciones de Juan Bello, editado por Ártese Quien Pueda. O autor presentará a obra o vindeiro 4 de marzo, ás20h (Aire centro de Arte, Caldeirería 50, 2º, Santiago de Compostela). Unha tarde chea de versos acompañada das ilustracións do artista Tabaré Santellán e, din por aí, que tamén de algo doce, un pouco de música e algunha que outra sorpresa.

Cuatro canciones, como un vello cassette, divídese en dúas caras, imaxe que se acentúa coa maquetación. Na Cara A atópanse os versos que dan nome ao libro, situados nas páxinas impares; na Cara B, nas páxinas pares, poemas soltos, coma suspiros breves e intensos.

E que sabemos de Juan Bello? A solapa da poesía, lévanos aos seus libros anteriores e tamén aos seus premios: IMG_3515-copia-225x300El futuro es un bosque que ya ardió en alguna parte (IV Premio de Poesía Joven “Pablo García Baena”; La Bella Varsovia, 2011); Talk about the blues (Origami, 2014) e Todas las fiestas de mañana (VI Premio de Poesía Joven RNE; Pre-Textos, 2014). Xunto coas plaquettes Nueva York no existe e Versión Original Subtitulada del Azul (Nanoediciones, 2011 e 2013) e Blues con Luciérnagas (Carmina in minina re, 2014); tamén foi gañador do XVI Premio Internacional de Poesía “Emilio Prados”.

Para coñecer máis a este compostelán (1986), aquí tedes varias entrevistas: unha “capotiana” que lle realizaron en Alma en las Palabras, outra en Croa Magazine e na páxina de Luna Miguel.

Mais se de verdade queredes saber máis sobre Juan Bello non deixedes de ir ao seu blog Blues Ambulante, pois alí atoparedes gran parte da súa esencia. Da súa música. Déixovos cos dous últimos versos de Cuatro Cancionesco desexo de atoparnos na noitiña do venres:

“(…) Así nos ven desde el fondo de la lluvia.
Así, como un mapa arrugado.”

NOTA: O día da presentación poderedes escoller entre unha serie de opcións para facervos con Cuatro Canciones: comprar o libro só; o libro acompañado de 5 postais nas que se reproducirán as ilustracións de Tabaré Santellán; ou o pack cun exemplar co obradoiro sobre haikus para cativxs que impartirá Juan Bello.

 

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *