ARTE E CREATIVIDADE para nenas e nenos…

Traballo realizado por Carme (6 anos) inspirado nas pezas de Picasso

Traballo realizado por Carme (6 anos) inspirado nas pezas de Picasso

Ademais dos talleres de idiomas e creatividade e os de escritura, contamos con este taller de arte para cativos e cativas a partir de 4 anos. É fundamental comprender que a auténtica aprendizaxe parte da creatividade. É así como os nenos e as nenas adquiren habilidades para adaptarse con rapidez a calquera situación e atopan unha resposta óptima para ela.

A través das didácticas artísticas, os nenos e nenas elaboran novas estratexias de comprensión, comunicación e resolución dos problemas aos que se enfrontan. A un tempo desenvólvense habilidades comunicativas fundamentais para coñecer as súas emocións e saber expresalas. Grazas a estas ferramentas medran e maduran de xeito saudable e convértense en adultos máis eficaces a nivel emocional e social.

* * *

Algúns dos traballos realizados polos nenos e nenas en cursos anteriores.

Algúns dos traballos realizados polos nenos e nenas en cursos anteriores.

* * *Creatividade e xogo en cada un dos nosos talleres para compartir coñecementos plásticos, técnicos, visuais, narrativos e máis expresivos coas técnicas do #Debuxo #Pintura #Fotografía #Collage #Escultura #Transferencia #Gravado #Instalación #Escenografía #NovasTecnoloxías #Ilustración.

Público: A partir de 4 anos; grupos segundo idades.

Duración: 1 clase á semana, 1h 30 min. (Diferentes horarios, consulta o que máis che poida interesar)

Prezo: Inscripción para materiais 45€ e mensualidade de 35€.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *