ADOLESCENTES E ADULTOS: Idea e concepto do proceso da creación

“Man a Man” de Catalina e Yolanda Ataraxia, parte da exposición “Error Vacui”, desenvolvida no nivel experto deste curso.

“Man a Man” de Catalina e Yolanda Ataraxia, parte da exposición “Error Vacui”, desenvolvida no nivel experto deste curso.

A narración e a expresión visual está no noso imaxinario dende a máis tenra infancia. É por iso que moitos dos artistas contemporáneos rescatan os conceptos narrativos literarios para deseñar tanto as súas obras, as súas pinturas ou ilustracións, como para diferentes creacións contemporáneas noutras linguaxes plásticas.

Neste curso de Idea e Concepto nivel Iniciación, explotaremos a bagaxe narrativa dos rapaces/as e conectarémola coas cornetes contemporáneas, coa historia da arte, ensinando diferentes épocas, artistas e modos de crear, e coas técnicas de debuxo, ilustración e pintura principalmente. Tamén tocaremos conceptos escultóricos, plásticos e visuais. Desenvolveranse proxectos dun mes e medio de duración para aprender e afianzar os conceptos técnicos, históricos e conceptuais, e, finalmente, crear unha peza orixinal inspirándose e reinterpretando cada corrente artística empregada como exemplo.

Faremos fincapé en traballar tanto a comprensión da arte e as técnicas como en alimentar a autoestima, desenvolver a creatividade e o potencial emocional e expresivo de cada un dos alumnos a través dos traballos, a capacidade de defender o seu traballo e de comunicar verbalmente o concepto a través das presentación ao grupo.

 

Público: 12-14 anos.

Prezo: 1 clase á semana, 2h/clase. Material incluído. 55 €/mes. Sen matrícula de preinscripción.

Consultar horarios e días.

 

* * *       * * *

Da ilustración ao obxecto contemporáneo. Diferentes narrativas do debuxo. (libro de artista, obxecto intervido, pintura expandida…)  NIVEL AVANZADO I

“More Than This II. You know there is nothing” de Catalina Rodríguez

“More Than This II. You know there is nothing” de Catalina Rodríguez

Todo o aprendido no curso de iniciación empregarase aquí para realizar proxectos máis complexos adaptándonos tamén á evolución da madurez e a aprendizaxe doutras teorías contemporáneas (filosofía, historia…). Non é indispensable ter pasado polo anterior curso, xa que son proxectos novos que contarán cunha parte teórica e práctica para aprender a técnica que traballaremos, como no nivel anterior e os seguintes.

Para comprender que a linguaxe, a imaxe e a comunicación son indispensables para adquirir unha liberdade no pensamento, no coñecemento emocional e na expresividade de cada un de nós, retomaremos conceptos do debuxo e da pintura, da composición visual, para interpretar nalgún exercicio a publicidade e a estratexia social de comunicación. A arte de todos os tempos empregouse para contar unha historia ou para transmitir emocións ou sensacións.

Buscaremos o potencial expresivo e emocional de cada un dos alumnos en cada proxecto, pero tamén verteremos os coñecementos teóricos de calquera materia nunha linguaxe lírica e plástica nun libro de artista que deberán ir creando ao longo do curso.

Papeis, lenzos, madeiras, cartóns, teas, libros, coas técnicas do debuxo, a pintura, a ilustración, a reflexión conceptual, o gravado ou a escultura… desenvolveranse as súas capacidades artísticas e o discurso lírico ademais do pensamento crítico e a capacidade creativa e expresiva.

 

Público: 14-100 anos

Prezo: 1 clase á semana, 2h/clase. Material incluído. 55 €/mes. Sen matrícula de preinscripción.

Consultar horarios e días.

 

* * *       * * *

Do debuxo á escultura e a instalación. Arte contemporánea e pensamento crítico. NIVEL AVANZADO II

Aínda que seguiremos insistindo nas linguaxes de debuxo e pintura, avanzaremos cara a especialización técnica a través da experimentación en distintos proxectos. Así mesmo, pasaremos do obxecto artístico ao concepto escultórico, tocando as técnicas e as ideas fundamentais. O espazo da obra bidimensional ou da peza tridimensional (escultura ou instalación) explicaranse con exercicios teóricos e prácticos, que darán lugar ao deseño e creación dun espazo artístico/emocional completo.

Seguiremos a metodoloxía anterior, pero especializándonos e desenvolvendo máis o pensamento crítico e o emprego das ferramentas plásticas na unión da expresión e a emoción estética e conceptual, afondando no concepto “espazo emocional”.

 

Público: 14-100 anos.

Prezo: 1 clase á semana, 2h/clase. Material incluído. 55 €/mes. Sen matrícula de preinscripción.

Consultar horarios e días.

 

* * *       * * *

 

Espazo emocional, concepto da creación. NIVEL EXPERTO.

“H2O I” de Yolanda Ataraxia

“H2O I” de Yolanda Ataraxia

Este curso, orientado aos alumnos dos anteriores curso de Idea e Concepto, e para todos os creadores ou creativos que precisen dun ambiente no que empaparse de novas ideas e expresións plásticas, é un lixeiro empurrón para atopar o seu camiño persoal. No comezo do curso traballaranse varios proxectos experimentais de debuxo para volver a coller man tras o verán, e expoñeremos os conceptos e as técnicas creativas que iremos tocando ao longo do curso, pero deixando a porta aberta ao proceso persoal de cada un dos participantes. A experimentación técnica e plástica dará lugar a achados expresivos, e os textos de pensamento ou artistas contemporáneos traerán ideas para series ou obras personais de cada un de vós.

Un espazo emocional sen autocrítica nin xuízo, para especializarse en técnicas e desenvolver integramente o teu proxecto persoal.

Neste curso participaron Yolanda Ataraxia e Catalina Rodríguez, dúas creadoras e creativas, cuxo proxecto persoal derivou nunha sinerxía común e crearon diferentes obras dentro do marco da exposición realizada en Aire no mes de xuño de 2015, Error Vacui, un perfecto e coidado proxecto que podedes atopar na web en varias das nosas entradas ou no facebook da escola. Unha exposición global na que debuxos en acuarela e tinta chinesa, instalacións, performances e libro de artista pecharon un traballo delicioso que se ampliará e viaxará para ser exposto antes de rematar o 2015 a La Barba Blanca en Xixón.

 

Público: 14-100 anos.

Prezo: 1 clase á semana, 2h/clase. Material incluído. 55 €/mes. Sen matrícula de preinscripción.

Consultar horarios e días.

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *