ADULTOS: Distintas técnicas

GRAVADO

Este obradoiro de introdución ás técnicas do gravado e a estampación é un dos máis técnicos da escola. Ensínase todo o proceso de creación das diferentes pranchas de gravado e a estampacióngrabado13-copia-283x300 dos motivos, traballando as técnicas do monotipo, o gofrado, a punta seca, gravado ao ácido, sobre linóleo e sobre madeira. Cunha duración de 9 meses, desenvolveranse proxectos persoais con cada técnica e, no traballo de final de curso, realizarase unha tirada profesional dun dos gravados que numerarán do xeito habitual.

Este taller pódese separar en 3 módulos de 3 meses de duración no que se traballen técnicas diferentes.

Público: de 14 a 100 anos.

Prezo: 1 clase a semana de 2h 30min, 65€/mes, material incluído, salvo se realizan unha tirada grande. Sen matrícula de preinscripción.

Inclúe: pranchas de madeira, linóleo, metacrilato, cobre, zinc, gubias, punzóns, sales de ácido, tintas, rasquetas, rodillos, tardatana, mesa de entintado e secado, papel básico de gravado, disolventes, cubetas e tórculo.

Consultar horarios e días.

* * *       * * *       * * *

DEBUXO E PINTURA

grabado7-copia-192x300Trabállanse todas as técnicas de debuxo e pintura con exercicios específicos de cada unha, de xeito que se poñen en práctica tanto a capacidade de observación como a de representación da perspectiva e da proporción no plano bidimensional. En grupos reducidos, cun ambiente relaxado e personalizado para cada un dos participantes, cunha atención pormenorizada a cada alumno e o seguimento da súa evolución e a súa experimentación para lograr a adquirir unha expresividade propia, fresca e viva. As técnicas traballaranse con exercicios clásicos e outros máis experimentais para acadar certa mestría nas diferentes linguaxes, explotando e alimentando a creatividade propia e diferente de cada un dos alumnos que resolverán tamén, obras deseñadas por eles mesmos.

 

Público: de 18 a 100 anos. INICIACIÓN ou AVANZADO.

Prezo: 1 clase á semana de 2h. 55 €/mes, material incluído salvo os lenzos. Sen matrícula de preinscripción.

Inclúe: Papel de debuxo, acuarela, tinta china, pinceis, pintura acrílica, gouache, grafito, carboncillo, pasteis, lápices de cores, sanguinas, óleos, disolventes…

 

Consultar horarios e días.

 

* * *       * * *       * * *

 

ESCULTURA DE PEQUENO FORMATO — espazo intervido.

helena-225x300Neste taller de iniciación poderase aprender o modelado en barro reproducindo obxetos do natural, o uso de moldes do corpo ou de obxetos/esculturas modeladas previamente e o deseño a través de maquetas e prototipos de diferentes esculturas, dos que se escollerá un para realizar unha peza en tamaño real ensamblando con cartón, planchas de madeira ou tallando escaiola ou madeira, cun deseño abstracto.

Ademais explicaranse en breves charlas teóricas os conceptos escultóricos e de intervención do espazo privado e do público. O traballo final consistirá nun proxecto de intervención dun emplazamento da cidade de Santiago de Compostela, co deseño de planos, maquetas, etc, no que a temática versará sobre “novos espazos para o xogo a través da arte”.

 

Público: de 18 a 100 anos

Prezo: 1 clase a semana de 2h 30min, 65€/mes, material incluído. Sen matrícula de preinscripción.

Consultar horarios e días.

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *