TALLER IDIOMAS: E se a inspiración che fala en…?

Pre-autruche-3-350x245

Ceci n’est pas une autruche, de Lucía, alumna de Cristina R. Lesmes

inglés?

Be an artist… in English, too!

… francés?

Sois un artiste
… en français aussi!

 

O obradoiro de creatividade e idiomas de Aire Centro de Arte é un proxecto interdisciplinario que pretende fomentar o desenvolvemento integral dos nenos e das nenas. A nosa é unha proposta didáctica alternativa aos métodos excluíntes de memorización e repetición que dan prioridade a competitividade e as cualificacións. O noso obxectivo é fomentar o crecemento persoal de cada neno e nena por medio de experiencias de xogo e traballo en equipo noutra lingua. A arte, os contos e a lingua (francés ou inglés) son para nós ferramentas, e non fins, para que os nenos e as nenas descubran outras formas de coñecer e vivir o seu mundo. É por isto que eliximos con moito tempo e dedicación os materiais que empregamos para motivalos e motivalas. Queremos despertar neles e nelas o gusto e o interese pola lingua, pola arte, pola literatura… polas culturas asociadas ás linguas (a lingua ou linguas maternas e a estranxeira). Pero sobre todo impórtanos facer medrar a súa ilusión por aprender e crear, por atopar a súa propia expresividade.

* * *

Ceci-nest-pas-une-pipe-300x208O espírito das nosas liñas didácticas vese reflectido na dinámica de traballo por proxectos que propoñemos aos nosos alumnos e alumnas. A través dunha combinación de actividades grupais e individuais colaborativas, os nenos e as nenas comezan a descubrir e probar con nós os materiais que seleccionamos para cada proxecto: utensilios tradicionais de debuxo e manualidades ou obxectos da vida cotiá empregados doutro xeito, mais tamén unha imaxe, unha peza de arte, un parágrafo dun conto, unha canción, unha palabra…

Ceci n’est pas une autruche, de Lucía, alumna de Cristina R. Lesmes

Ceci n’est pas une autruche, de Lucía, alumna de Cristina R. Lesmes

Unha vez que se sinten cómodos e cómodas coas ferramentas propostas, suxerirémoslles unha tarefa. Unha idea para reinterpretar que sexa para eles e elas un xeito de enriquecer a súa cultura xeral, lingüística e artística, e ao mesmo tempo un trampolín dende o que liberar a súa creatividade, a súa mirada persoal.

 

Para nós é importante que os resultados se poidan ver e tocar, individualmente e en conxunto. Na nosa escola, as creacións de

Grand’ autruche, petite autruche, de Lucía, alumna de Cristina R. Lesmes

Grand’ autruche, petite autruche, de Lucía, alumna de Cristina R. Lesmes

cada neno e nena teñen sentido en si mesmas, pero tamén como parte dun proxecto grupal. Queremos que os nenos e as nenas tomen conciencia do seu lugar coma parte dun grupo e como contribuíntes activos de unha cultura común.

 

* * *

Cristina R. Lesmes é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Granada e exerce de tradutora-intérprete freelance desde o ano 2008. As súas linguas de traballo son inglés, francés, castelán e galego. Residiu e traballou en Bruselas, París e Nova Caledonia, onde foi Auxiliar de Conversación no Instituto de Educación Secundaria Lycée du Grand Nouméa. No 2013 instalouse en Galicia, onde ademais de proseguir coa súa actividade profesional como tradutora, redatora e profesora de linguas, completou a súa formación realizando estudos de máster na Universidade de Santiago de Compostela: o Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, FP e Ensinos de Linguas na rama de Linguas e Literaturas (2014) e o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura (2015) na especialidade de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.

* * *

Público: Nenos e nenas de entre 4 e 11 anos (haberá distintos grupos en función da idade).

Prezo: 60€ ao mes (inclúe dúas horas de idioma –inglés e/ou francés–, taller de arte e de escritura, cun descanso no que os nenos e nenas poderán merendar).

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *