Briconsello legal (XX): a hipoteca dos dereitos do autor

Esta semana, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, dedica un  Briconsello legal xeral a quen estea pensando en hipotecar a súa creación. Porque…

PÓDENSE HIPOTECAR OS DEREITOS DE AUTOR? SI E NON…

Convídovos a seguir estes tres pasos sinxelos para romper a ambigüidade creada.

1.- SI poden ser obxecto de hipoteca os DEREITOS DE EXPLOTACIÓN sobre as obras artísticas, o que inclúe a súa reprodución, distribución, comunicación e transformación.

2.-NON poden hipotecarse:

-as obras artísticas (en si mesmas).

-os dereitos morais sobre obras artísticas: divulgación, paternidade, integridade, modificación, retirada e acceso.

-os dereitos de remuneración sobre obras artísticas.

3.-A hipoteca constituirase en ESCRITURA PÚBLICA (ante notario) e deberase inscribir oblrgatoriamente no Rexistro de Bens Mobles e voluntariamente no Rexistro de Propiedade Intelectual.

LEMBRADE que a hipoteca é un dos documentos legais que máis dores de cabeza dá nestes tempos, así que, se ben pode ofrecerse como unha solución xurídica adecuada a determinados problemas xurídicos, hai que extremar os coidados á hora da súa constitución.

Para calquera dúbida ou curiosidade acudide a

Visi López del Riego

Aire centro de Arte

Caldeirería 50, 2º

981 589 059

TEXTO: Visi López del Riego

Por favor seguenos e comparte:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *