Fai o teu propio relicario. Obradoiro con Reme Remedios

taller reme relicariosDocente: Reme Remedios

Data: 8 de outubro de 2016.

Duración: De 16:30h a 19:30h

Público: A partir de 12 anos.

Prezo: 40€ con material incluído

O vindeiro sábado comezan os obradoiros intensivos. Empezamos cun taller impartido pola artista Reme Remedios ao redor da súa exposición Relicarios del acto creador. Segundo explica Reme, os obxectivos da xornada son «crear un relicario do acto creador cos símbolos propios de cada participante, explorar a nosa capacidade de entrega ás infinitas posibilidades do momento, revisar as nosas crenzas sobre o proceso creativo e compartir un espazo de creación individual en grupo».

En palabras da artista «ofrécese a posibilidade de explorar, de xeito individual e grupal, o momento presente con ferramentas coas que eu mesmo traballo: o debuxo, o collage, o movemento, a meditación, a palabra, o xesto, o xogo, a atención nos achados, nas emocións, o corpo, a memoria individual e colectiva… Todo isto para conformar, xunto coa pegada que deixan os posibles encontros, un relicario do acto creador».

O taller estará impartido pola artista plástica Reme Remedios. (Romiña, Ourense, 1972), tamén directora de DOSMILVACAS (espazo integrado para a creatividade, a arte e a terapia). Formada en Terapia Gestalt e Postgrado de proceso corporal e creatividade en Encuela Pañña. Os coñecementos artísticos e a formación en terapia gestalt, así como as diversas técnicas plásticas que aplica nos proxectos que realiza, son usados nas súas propostas artísticas como ferramentas para fomentar, desde a arte, o desenvolvemento do potencial humano, tendo como motivación creativa a unión activa e expansiva entre arte e vida.  Co seu traballo artístico, desde 1991, puido expandirse desde o individual cara o colectivo, investiga a creación da obra de arte en contacto con outras persoas como espazo de autoconciencia.

Crea o teu propio relicario é un obradoiro de técnicas de debuxo, pintura e collage impartido por Reme Remedios, que se desenvolverá o sábado 8 de outubro ás 16:30h ata as 19:30. Está adicado a un público a partir de 12 anos. O seu prezo, con material incluído, é de 40€.

Reserva a túa praza no e-mail airecentrodearte@gmail.com ou chama ao 981 589 059.

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *