TRIS-TRAS COLLAGE

Quen de pequeno nunca xogou a pegar nun papel pedaziños de calquer cousa que atopaba pola casa? Buscar, atopar, imaxinar, cortar, pegar… construir, en definitiva, a través de materiais sinxelos e cotidianos.

O pasado 16 de Abril, Aire Centro de Arte converteuse nese espazo que de cativos soñaríamos para facer todas estas cousas. Da man de Rocío Osorio e Espe Porto, os máis pequenos achegáronse ás técnicas do collage construíndo as súas pequenas obras feitas con anacos soltos  procedentes de distintos lugares.

IMG_3989-300x225

 

IMG_3986-350x245O obradoiro estaba inspirado na exposición “Unha pintura que non quere dicir nada. Unha pintura que é”, da artista Rocío Osorio. Nun primeiro momento, os cativos imaxinaron unha paisaxe e, a través de todos eses pedazos soltos procedentes dos lugares máis dispares, construiron a súa propia imaxe do que sería a súa paisaxe ideal. Xogando cos materiais, as formas, as cores… os resultados foron do máis orixinal e creativo.

 

Na segunda parte do obradoiro, os cativos achegáronse á obra de Rocío Osorio, exposta en Aire Centro Arte dende o 1 de Abril. A través das figuras expostas as nenas e os nenos deberían pasar ó papel a imaxe tridimensional, insistindo no xogo da composición e da cor, sen deixar de abandonar a técnica do collage. Desta segunda parte saíron as obras máis orixinais do taller; reinterpretacións en versión cativa da obra de Rocío Osorio.

IMG_3987-300x225

 

Ao finalizar, os nosos artistas puideron ver todas as súas obras, que da mesma maneira que os anacos dos materiais que usaron, xuntas acababan encaixando entre elas.

Texto: Sara Lodeiro.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *