Briconsello legal (IV): O mundo da parodia

nevesarbore-350x245

Neves Seara re-interpretada polxs pequealumnxs.

Hoxe temos un novo Briconsello legal pasa artistas, curiosos, profanos e xente de a pé. Como un martes calquera, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación, nesta ocasión para quen desexe internarse no mundo da risa… No universo da parodia…

BRICONSELLO LEGAL “DE RISA” PARA PALLASXS, COMEDIANTES, CÓMICXS, MONOLOGUISTAS, ANIMADORXS, MIMOS, FARANDULEIRXS, IMITADORXS, RISOTERAPEUTAS, CARICATXS:

O riso é vital.

Tanto é así, que até a lei réndese ante ela e permite un único suposto no que non é preciso solicitar autorización de titular dos dereitos de explotación sobre unha obra para poder transformala: A PARODIA.

A base de tan acertada excepción radica nos principios máis básicos da liberdade de expresión e crítica. Mais… ¿como non? Non podía ser tan doado e, para darlle algo de emoción legal ao asunto, non existe unha definición expresa do que é unha parodia, do que significa. Polo que, para evitar converter o uso satírico das obras artísticas nunha “tapadeira” de mutilacións, apropiacións, sesgos e demais condutas que rocen a ilicitude deberemos seguir tres pasos sinxelos:

1.- A obra parodiada debe estar xa divulgada ao público a través de calquera medio.

2.- A parodia debe diferenciarse claramente da obra parodiada evitando, a toda costa, que se confundan.

3.- Non debe producir un dano superior que o da “comedia sa” á obra parodiada ou a x autora.

Polo demais… ¡A lei permíteo! ¡O Tribunal Supremo aválao! A rir todo o que poidamos, incluso/sobre todo de nós mesmxs.

Para máis info e risos escandalosos contactade con Visi López del Riego en Aire centro de Arte.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *