Arte e idioma para nenxs

origami-350x245Benvidx ao espazo do noso obradoiro de creatividade e idiomas! Se queres saber máis sobre a nosa liña didáctica, pódela consultar aquí.

O noso obradoiro de creatividade e lingua estranxeira (inglés ou francés) é un espazo adicado a estimular o descubrimento da arte coas mans, cos ollos e coas orellas nos nenos e nenas que veñen compartir o seu tempo con nós.

gravado-187x300Na nosa ampla aula contamos cunha exhaustiva selección de materiais cos que espertar o seu interese e mudalo nun pensamento, nunha emoción, nunhas ganas de xogar coas que aprenden, e en palabras que irán facendo súas. Aquí pintamos e falamos, si, pero para iso lemos, escoitamos música, cantamos, danzamos, modelamos, construímos, facemos teatro… e rimos moito.

O noso método baseado en materiais e proxectos ten por obxectivo que os nenos e nenas interactúen coa arte desenvolvendo unha visión propia, acorde coas súas experiencias, e que quede reflectida nun traballo, nunha obra da que poder falar e sobre a que reflexionar durante o proceso de creación e tamén a posteriori.

O noso percorrido dará comezo no mes de outubro: ao longo do curso escolar, da man da arte e da lingua, descubriremos pezas artísticas de distintos países e culturas e tamén de distintos momentos da nosa historia da arte, que nos servirán de inspiración para pensar, para falar, e crear as nosas propias reinterpretacións ao tempo que probamos técnicas e materiais.

IDADES: DE 4 a 12 anos

HORARIO: Luns de 16:30-18:00 // Xoves de 17:30-19:30

PREZO: 45€ hora e media // 60€ dúas horas

Máis información en:

airecentrodearte@gmail.com

981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *