Briconsello legal (I): A impresión 3D ou o Faino ti

Fotografía de Nacho Mascuñán, para a obra “Carta a mi otra abuela” de Neves Seara

Fotografía de Nacho Mascuñán, para a obra “Carta a mi otra abuela” de Neves Seara

Estreamos sección na web, aínda que a xente máis curiosa decatarase de que a súa andaina comezou no facebook da escola. Son os Briconsellos pasa artistas, curiosos, profanos e xente de a pé.

A nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, compartirá con nós algúns consellos básicos e curiosos do mundo das Artes. Aquí temos o primeiro: A impresión en 3D ou o Faino ti.

Vivimos na era da industria 4.0. O comercio, a empresa e creatividade revoluciónase pola chegada das impresoras 3D aos nosos fogares.

Miramos con nostalxia ás vellas máquinas de coser das nosas avoas, ás enormes fotocopiadoras da oficina, á tenda de electrodomésticos que hai na nosa rúa, incluso á nosa amiga máis moderna que diariamente merca roupa, cosmética e mobles suecos por internet. Facémolo porque sabemos que pronto formará parte dun mundo perdido do que falaremos aos nosos herdeiros ao estilo dun replicante de Blade Runner antes de desaparecer…

Porque…. ¡Damos a benvida ás impresoras 3D nas nosas casas! As posibilidades ofertadas son un atractivo conxunto tecnolóxico para a meirande parte dos afeccionados ao arte, deseño, novas tecnoloxías e o consumo, máis tamén poden disfrazar condutas ilegais no marco da propiedade intelectual e industrial. Son numerosas as preguntas que se formulan ao redor do seu correcto uso das mesmas nas nosas casas. ¿Son legais as descargas dos arquivos dixitais que conteñen as instrucións para fabricar obxectos 3D? ¿Podo copiar ou transformar sen autorización un obxecto 3D que ten protección baixo unha marca ou patente? ¿Que acontece se fabrico un arma, un explosivo ou produzo algunha substancia perigosa? E se reproduzo un boneco dun personaxe famoso, ¿infrinxo os seus dereitos de imaxes?

LEMBRADE QUE, por costume, estes baleiros legais, novidosos e impactantes, recoméndase PEDIR PERMISO ANTES QUE PEDIR PERDÓN. Aínda así, se queredes máis información ou estudar un caso concreto non dubidedes en poñervos en contacto con Visi López del Riego en Aire centro de Arte.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *