Despedida curso 2018-2019

#PEQUEARTISTAS 2018-19 – Neves Seara

Aire centro de Arte, a miña casa, vosa casa dende o ano 2011 ten sido para min un espazo de crecemento como persoa. Construir un proxecto como éste que conlevaba montar exposicións, organizar talleres puntuais, charlas, mostras, eventos artísticos, no que coordinei durante 7 anos unha revista da que sacamos 15 números, apoiar ás artistas, ás becarias e facer un esforzo tan grande por divulgar a arte ao público e aos meus alumnos foi unha aventura complexa, caleidoscópica, chea de dificultades pero tamén de grandísimos aprendizaxes e chea de maxia.

A arte, agora máis que nunca o teño claro, é un vehículo de expresión vivo. Cada man, cada visión, cada artista e alumnx albergan tantas emocións, necesidades, expresións e tantas variables que é casi inabarcable. Aprender ensinando é o modo máis directo para achegarse á arte. Sempre digo que ser profesora non é ensinar, é aprender cxs alumnxs.

Comprendín estes anos que ainda que nas ensinzas hai unha base fundamental de coñecementos teóricos e prácticos, pero que cada técnica artística é en realidade un modo de expoñer as cualidades e emocións intrínsecas de cada alumnx. Descobrir tódalas opcións e expresións con cada crianza foi maxia pura.

Temos rido, chorado, bailado, xogado, reñido e creado infinitos universos xuntos. Para mín estes anos foi un camiño máis que un obxetivo. Creo que é máis importante acompañar neses descubrimentos que chegar a resultados perfeccionistas ou que eu lles “rematara” os traballos. Ver cómo se emocionaban, expresaban, ou conectaran coa sua esencia foi o obxectivo principal de cada clase. De volta elxs me devolveron a capacidade de sorpresa, reconectar coa miña nena interior, a posibilidade de descobrir cada personalidade e cada matiz, aprendín a comunicarme de diversos modos para poder entendernos intentando romper cos estereotipos de adulta. Vinos medrar, sorprenderse, frustrarse, alegrarse, disfrutar….

Pero a aprendizaxe máis importante e que me encantaría que sigan practicando toda a vida é que o realmente importante é o momento presente con elxs. Estar aquí e agora, no que están facendo e cómo, con quén e cómo se sinten. Conectar consigo mesmos e o grupo. Olvidarnos a veces da didáctica para centrarnos en cómo reorientar un grupo, ou un peque, ou un estado emocional, e necesario e a veces tremendamente complicado, por eso quizáis estar presentes no cotián é tan importante.

Con esto aprendín que tratar de manter o control absoluto das emocións do grupo, do resultado das prácticas, e de chegar a cumplir obxectivos materiais fai máis difíciles as clases e conectar con eles, e dende logo, afástanos da maxia de crear algo auténtico, de verdade.

Así que non queda outra que mirar aos ollos dos peques, descobrir qué pasa ahí adentro, máis alá dunha rabieta, unha desgana, e conectar, de verdade, gracias á arte, a cor, o xogo e as formas e soltar, soltar de verdade todas as imposicións posibles!!

Nesta viaxe deste curso nos acompañou tamén a profe e ilustradora María Gil e o poeta Juan Bello, altamente sensibles e capacitados neste baile das emocións e da arte. Agradecida infinitamente á súa compañía.

E a vos, pequeartistas, agradecervos todos estes anos tódolos e cada un dos días compartidos, non sabedes cánto me enseñastes sobre soltar, sobre a arte, sobre a comprensión e a empatía, sobre o humano e sobre a vida.

Infinitas gracias por confiar en min e compartir este camiño.

O curso que ven a profesora que acompañará e medrará cos cativos é María Gil, profesora habitual neste centro e que por motivos laborais tomará as riendas deste apartado de Aire mentres eu xestionarei os outros proxectos.

Infinitas gracias por confiar en min e compartir este camiño.

Sempre no meu corazón. Feliz verán!!!!!

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *