CLAUSURA DO CURSO: EXPOSICIÓN MAMÁ, QUERO SER ARTISTA

O pasado venres 15 de xuño grandes e pequenos viron dentro da galería de Aire as súas obras como nunca as viran antes.

Seleccionadas co cariño que ven das clases que as viron nacer, expoñéronse no espazo da galería, as obras xeradas neste curso por os pequeartistas e os granartistas que se forman tódolos días en Aire. Abriu a exposición Neves, a encargada de encher de arte as cabezas de aquelxs que participan. “Enseñando tamén se aprende”, son as palabras da encargada de formar xs nenxs que se sitúan o seu redor escointándoa. Xs pequxs e adultxs repasan con ela o recorrido que levan feito durante o curso e os nomes que inundan as paredes de artistas como Van Gogh, Picasso, Maite Ortega, Elena Grelo, e Naty Romay son xa familiares, encóntranse presentes na sala nas reinterpretacións e exercicios realizados por todxs.

 

Xs nenxs, arrastrando os seus familiares polas paredes recorreron a exposición, e con ela os recordos e memorias sobre o divertido das clases e por que gustoulles o que fixeron. Convértese en algo distendido, nunha festa para celebrar o arte dxs pequenxs artistas, como o que realmente debería ser nas súas vidas cotiás. Énchense o espazo de cores, de diversas técnicas, de temas de representación e de mans que recollen o que fabricaron durante o ano. Enchen de novo as súas carpetas para levalas a casa, e esperemos, continuar coa súa arte!

 

Ó remate da exposición, cos zumos e petiscos xa xestionados polxs peques, deixa as paredes da galería un pouco baleiras, como quedará a escola cando vaian a desfrutar do verán. Pero había quizais unha rareza nese baleiro, era satisfactorio ver a sala sen as obras que uns minutos antes penduraban sen case deixar ver a propia parede, xa nas mans das súas artífices. Ten sentido que peche o ciclo así, nunha exposición que era de, por e para todxs elxs, quenes lle dan sentido a todo o feito e percorrido durante todos estes anos e enchen a escola coa imaxinación propia dxs pequenxs e as ganas de aprender dos maiores.

GRACIAS POR VIR A PASALO BEN E A DISFRUTAR SEMPRE DA ARTE CON NÓS. ATA O CURSO QUE VEN!!

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *