Íntima, de Bibi Martín

Achegámonos perigosamente á primavera da man de Bibi Martín. O venres 3 de marzo, inaugura a súa exposición Íntima, ás 20h no espazo expositivo de Aire centro de Arte.

Íntima fai un percorrido pola experiencia creadora da artista. Por iso é una exposición viva, en constante crecemento e construción. A través de diferentes instalacións, Bibi Martín profundiza non só no seu interior, senón que tamén remexe as entrañas de quen observa.

Bibi Martín expón por primeira vez en solitario no espazo de Aire centro de Arte, deixándonos ver unha selección de obras moi persoais na que nos achega pequenas mostras do seu traballo no estudio. A través de pezas de cerámica, fotografías e instalacións, que evocan as formas de peitos e úteros, achega ao espectador á parte máis íntima do universo feminino a través dunha linguaxe plástica orgánica.

A exposición estará ata o 17 de abril.

Ademais, o 18 de marzo terá lugar o obradoiro de cerámica para familias Casiñas e niños que estará en relación coa exposición de Bibi Martín, e que se impartirá de 12h a 14h.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *