Metauniversos cotiáns, de Loly Villoch

Volvemos a #casamorada da man de Loly Villoch. O vindeiro 3 de febreiro, ás 20h, o micromuseo de xénero de Aire centro de Arte acollerá unha mostra fotográfica que xira ao redor do rol que desenvolve a muller e a necesidade de rachar con el.

En cada imaxe, Villoch combina o fogar, o cotián, co mundo onírico que se crea na cabeza da protagonista de esta historia. Como explica a propia fotógrafa “ese xogo entre os espazos macro e micro revélase como unha alegoría das relacións desiguais entre homes e mulleres que se repiten sen importar o lugar no que nos atopemos”.

A exposición estará ata o 3 de marzo.

Ademais, Loly Villoch, impartirá un taller sobre creatividade fotográfica, o vindeiro 17 de febreiro (de 17h a 20h), para adultos a partir de 12 anos. Os participantes aprenderán a obter imaxes orixinais a través de distintas estratexias creativas para ser quen de extraer todas as posibilidades ao cotián.

Podedes ver máis fotografías de Loly Villoch na súa páxina de Facebook.

 

 

 

 

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *