Cóntoche un conto! Obradoiro para nenxs de narrativa

IMG_5688Moitas veces, os adultos apodéranse da capacidade de contar contos a xs nenxs, mais isto vai cambiar! A partires de outubro xs nenxs toman o relevo e póñense a contar historias.

Cóntoche un conto! é un obradoiro para que xs cativxs de 8 a 12 anos aprendan a construír unha historia, un conto, creando as súas propias personaxes, os lugares que habitan, a que dificultades se enfrontarán e como sairán delas.

Desenvolveremos a imaxinación a partir de historias que controlarán xs propixs rapacxs. Contos onde todo é posible sempre que sexamos quen de construílo e contalo.

O obradoiro pretende desenvolver e afianzar esa imaxinación para que xs nenxs sexan quen de artellar estruturas e inventar outras, conseguindo que escribir se converta en algo divertido, nun xogo que asente as bases para que, máis adiante, poidan desenvolver escritos e análises de texto con maior seguridade.

Ademais, os contos inventados no taller serán contados en voz alta entre todxs, polo que axudarase a perder medos e gañar seguridade.

Cada participante precisará un caderno escollido ao seu gusto: grande ou pequena, de raias, lisa ou de cadros… unha coa que se sintan ben. Ao final, entre todxs, escolleremos os mellores relatos e crearemos o noso propio libro de contos.

IDADES: entre 8 e 12 anos

HORARIO: Luns de 18:15-19:45

PREZO: 30€

Máis información en:

airecentrodearte@gmail.com

981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *