Panxoliñas recicladas

panxoliñas-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Panxoliñas recicladas

Imparte:  Neves Seara, Cristina R. Lesmes
e Andrea Barreira

Data: 2 de xaneiro de 2016

Duración:  16h a 18h

Público: Para todos os públicos

Prezo: 5€/persona

Non hai Nadal sen música e cancións. Para animar estes días de festa, desde Aire centro de Arte propoñémosvos dúas cousas: construír os vosos instrumentos musicais a partir da reciclaxe de caixas, vasos, botellas… e aprender panxoliñas en castelán, galego, inglés, francés… Seguimos a mesturar linguas e arte, porque ao final todas son formas de comunicarse, de comprenderse e de medrar como persoas.

Para comezar o ano con ganas, o 2 de xaneiro, a partires das 16h, estará cheo de cancións e risas. Atrevédesvos a mesturar notas e linguas? Animádesvos a compartir co barrio as cancións que preparemos? ? Agardámosvos para continuar coa festa en familia.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *