O título deste obradoiro é moito máis longo que os poemas que vas escribir.

haikusJBello-350x245FICHA TÉCNICA:

Docente: Juan Bello

Data: 9 de abril de 2016.

Duración: De 11:30h a 13h

Público: A partir de 8 anos. (Máx. 12 alumnxs)

Prezo: 3€ con material incluído

O poeta santiagués Juan Bello convida ás rapazas e rapaces que o desexen, a aprender a construír un haiku dun xeito ameno, entre moitas risas e moitos post-its. A partir dun xogo no que as palabras cambian de posición e os versos, sen rima, marcan unha estrutura de 5 7 5 sílabas as e os participantes cubrirán Aire centro de Arte de papeliños de cores.

Juan Bello Sánchez (Santiago de Compostela, 1986) publicou os libros de poemas El futuro es un bosque que ya ardió en alguna parte (IV Premio de Poesía Joven “Pablo García Baena”; La Bella Varsovia, 2011), Talk about the blues (Origami, 2014), Todas las fiestas de mañana (VI Premio de Poesía Joven de RNE; Pre-Textos, 2014), Cuatro canciones (Ártese quien pueda, 2015) e Nada extraordinario (XVI Premio de Poesía “Emilio Prados”; Pre-Textos, 2016), ademais das plaquettes Nueva York no existe Versión Original Subtitulada del Azul (Nanoediciones, 2011 y 2013) y Blues con luciérnagas (Carmina in minima re, 2014).

O seu último libro Cuatro Canciones (Ártese quien pueda, 2015) presentouse o pasado mes de marzo en Aire centro de Arte. Nesa xornada léronse algúns dos seus poemas. A continuación algúns haikus escritos por el para a ocasión.

«Nocturno casi:

desfilan las farolas

de dos en dos.»

 

«Tan mal cosido,

un pájaro se cae

fuera del cielo.»

O título deste obradoiro é moito máis longo que os poemas que vas escribir é un obradoiro de Haikus impartido por Juan Bello, que se desenvolverá o sábado 9 de abril ás 11:30h ata as 13h. Está adicado a un público a partir de 8 anos e terá un máximo de 12 alumnas. O seu prezo, con material incluído, é de 3€.

Reserva a túa praza no e-mail airecentrodearte@gmail.como ou chama ao 981 589 059.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *