O mundo do cómic I. Construcción de personaxes

davidfajardoAire-300x201FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: O mundo do cómic I.
Construcción de personaxes

Docente:
David Fajardo.

Data: 21 de novembro de 2015.

Duración: De 11h a 14h – 16:30 a 19:30h

Público: A partir de 12 anos

Prezo: 60€ con material incluído

Algúns dos personaxes creados por Fajardo

Algúns dos personaxes creados por Fajardo

Hai ducias de xeitos de contar unha historia, pero todas teñen algo en común: hai alguén que as vive. Ese alguén pode ser máis ou menos real, cun toque fantástico ou directamente habitante dos nosos mundos, pero inexistente neste universo que nos tocou vivir. Cando unha persoa escribe, os seus personaxes están configurados na súa cabeza cunha visión moi particular e persoal. Cada lector e lectora, pola súa banda, constrúe eses seres a partir da súa propia imaxinación. E logo están as ilustradoras e ilustradores, capaces de darlles vida a través dos trazos.

Con novembro chega un novo obradoiro: o de cómic. O docente encargado de impartilo será David Fajardo (Mad Faks) que ilustrou, entre outras historias, a novela As Aventuras de Margaret White de Manuel Moledo ou La Palabra Perdida de Jacobo Feijoo.

Esta primeira sesión, xa que este taller funcionará como masterclass esporádica, estará adicada á elaboración dun personaxe. A partir dunhas pautas explicativas, cada persoa que se achegue ao obradoiro irá creando o seu propio personaxe. Así, será unha xornada teórico-práctica na que se descubrirán trazos desde o carácter ás expresións, musculación, postura…

David Fajardo nunha asinatura.

David Fajardo nunha asinatura.

“Durante a clase, cada alumna e alumno realizará o deseño da súa propia personaxe segundo se explica cada paso”, explica David Fajardo. “Así, cada persoa volverá a casa cun personaxe e cos coñecementos afianzados”.

Ademais mostraranse os distintos materiais que se utilizan para realizar ilustracións: rotuladores Copic-Ciao, Pinceis de tinta ou tabletas dixitalizadoras. Isto permitirá familiarizarse con eles e atopar o estilo no que cada persoa se sinte máis cómoda.

Aire centro de Arte presenta a primeira masterclass que xirará ao redor do cómic. O vindeiro 21 de novembro, David Fajardo ensinará á xente interesada como se constrúe un personaxe, desde a idea á imaxe final. A xornada desenvolverase en seis horas, de 11:00 a 14:00 e 16:30 a 19:30. O taller está adicado a un público a partir dos 12 anos.
Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *