O traballo de ser muller

Na actualidade, as mulleres seguimos cargando con moitos estereotipos tradicionais ligados ao xénero. Se nos paramos a pensar só un momento na situación laboral de moitas delas, poderiamos pensar que estes estereotipos foron derivados a prol dunha igualdade vixente a través de diferente normativa. Mais achegándonos á realidade laboral resulta demasiado obvio que ese espellismo

#savegendermuseum

Ao longo do presente mes de novembro, Arte centro de Arte acolle unha serie de actividades relacionadas co xénero, en relación co Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). Unha das accións máis representativas é a campaña solidaria a prol do Gender Museum de Ucraína, mediante a recadación de fondos para financiar

Taller de creación dunha árbore xenealóxica

Docente: Neves Seara e Andrea Barreira Data: 19 de novembro de 2016. Duración: De 12 a 13:30 Público: Para familias Prezo: 12€  con material incluído O sábado 19 de novembro desenvolverase un obradoiro para familias, con nenxs a partir de 4 anos. Durante unha hora e media, de 12h a 13:30h, quen participe creará a súa propia árbore xenealóxica na que iremos descubrindo como

#mesdexénero_axenda de actividades

O mes de novembro configúrase como un mes moi especial, cheo de actividades. Por mor do día internacional contra a violencia de xénero, adicamos cada acto (obradoiros e exposicións) á visión feminista. Ademais, o recaudado con elas irá adicado á campaña #savegendermuseum. Aquí deixamos o listado, tedes moito onde escoller! 4_novembro_20h Inauguración de #casamorada, un micromuseo

Briconsello legal (VII): obras rexeitados polo seu autor/a

Comeza o mes de novembro e, un venres máis, compartimos con vós o Briconsello legal para artistas, curiosxs, profanxs e xente de a pé. Para que vexades as complexidades das autorías, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación, nesta ocasión coñeceremos que son as obras bastardas. BRICONSELLO ESPECIAL PARA AS

#casamorada: reconstruíndo espazos

#casamorada xorde como un compromiso coa sociedade, presentándose coma un proxecto pioneiro en España na procura de visualizar e reivindicar o papel das mulleres na nosa sociedade. Aire centro de Arte acolle este novo espazo. Para Neves Seara e Andrea Barreira, as artífices deste micromuseo de xénero, trátase de intentar mudar a sociedade actual na

Martyn Mills: A metódica loucura dun soñador profesional

Os proverbios aparecen a miúdo na procura de aclarar algún aspecto por medio dun pensamento popular baseado na experiencia. Ao longo desta semana, Aire centro de Arte albergou unha mostra do artista irlandés Martyn Marsland Mills cuxo título recolle o dito popular que foi levado á literatura polo recoñecido escritor Shakespeare: “The Method behind The

Collages Sonoros. Obradoiro de Collage

Docente: Maite Orteja Data: 12 de novembro de 2016. Duración: De 12 a 13:30 (nenxs a partir de 4 anos) 17:00h a 20:00h (adultos) Público: A partir de 4 anos. Prezo: 15€ nenxs con material incluído 35€ adultos con material incluído O sábado 12 de novembro desenvolverase un novo obradoiro intensivo, tanto para nenxs (a partir de 4 anos), na sesión de

Briconsello legal (VI): Unha obra na procura de autor/

Un venres máis, compartimos con vós o Briconsello legal para artistas, curiosxs, profanxs e xente de a pé. Para que reflexionedes durante a finde, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación, nesta ocasión para coñecer algo máis sobre as obras orfas, que acaban de ser introducidas dentro da nova Lei

NORTE. Coordenadas culturais

Hoxe as entrevistadas son elas. E elas son NORTE, cinco mulleres que compoñen unha palabra que en pouco tempo dará moito que falar. Porque NORTE non só é unha palabra, senón unha paixón, unha corrente de aire frío que vén para espertarnos e berrarnos todo canto nos estamos a perder, por exemplo neste mesmo intre