O traballo de ser muller

CARTEL O TRABALLO DE SERNa actualidade, as mulleres seguimos cargando con moitos estereotipos tradicionais ligados ao xénero. Se nos paramos a pensar só un momento na situación laboral de moitas delas, poderiamos pensar que estes estereotipos foron derivados a prol dunha igualdade vixente a través de diferente normativa. Mais achegándonos á realidade laboral resulta demasiado obvio que ese espellismo de igualdade apenas se achega ao que é certo.

Empezando polo ámbito académico, a maior parte do alumnado universitario está formado por mulleres, mais estamos a ver que apenas hai representación feminina nos cargos máis directivos. É dicir, somos as máis preparadas academicamente pero iso non se reflicte nos postos de traballo. Seguindo con este punto, malia que unha muller e un home desempeñen o mesmo posto, a remuneración que percibimos as mulleres segue a ser inferior á parte masculina. Ademais, a conciliación laboral e familiar non pode ser a costa do salario e da carreira profesional das mulleres. Trátase de exemplos paradigmáticos contra os que se intenta loitar diariamente co fin de ter ou optar por un posto de traballo digno independentemente do xénero. Xa tivemos que cargar con moitos estereotipos laborais ata o momento, e moitas loitas para chegar a onde estamos hoxe.

Neste senso, a perspectiva de xénero é fundamental para propiciar unha igualdade real neste longo camiño a percorrer. A implicación política a través de compromisos e actuacións ten que ir máis alá do ámbito legal, xa que este tipo de medidas xa están implantadas, mais o verdadeiro problema consiste en que non se levan a cabo.

Así, continuando coas actividades do Mes de Xénero en Aire centro de Arte, este sábado teremos unha mesa redonda con catro mulleres que desempeñan postos no ámbito da cultura. Aproveitando a ocasión, falaremos das problemáticas actuais no ámbito laboral e como inflúe o feito de ser muller dende que empezaron a súa traxectoria.

Monse Vilar

Monse Vilar

Monse Vilar. Muller, Feminista, activista e, desde hai 5 anos, nai. Desde aquí nacen e crecen os seus principios de igualdade. Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e D.E.A no programa de doutoramento “Identitat, Subjectivitat e Génere” no Institut Universitari d´Estudis de la Dona de la Universidade de Valencia. Desde hai máis de 20 anos forma parte de diferentes grupos e asociacións feministas nos que o proceso de autoformación e formación en materia de xénero foise consolidando. Traballa como Consultora e formadora experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.

Neves Seara

Neves Seara

Neves Seara. Licenciada en Belas Artes, especializada en escenografía. Máster en museografía. Cursos de doutorado e DEA en Historia da Arte Contemporánea. 14 anos expoñendo a nivel internacional: A Habana, Helsinki, Londres, Atenas, ademais de en numerosos lugares de España… Actualmente traballa como artista para a Galería Dosmilvacas (Ponferrada). Ademais de obra plástica, realiza performances en diversos museos e institucións para diferentes eventos culturais como o Festival Nacional Miradas de Mujer. Foi seleccionada no Premio Novos Valores 2004 e premiada no Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense en 2013. En 2016 recibe o Premio de Intervención da Zona C, Santiago de Compostela, e é seleccionada no Certame de Arte do Auditorio de Galicia. Dirixe a escola e galería de arte Aire centro de Arte, onde imparte obradoiros e clases de Arte, creatividade e performances. Desde alí coordina as exposicións, os talleres con outros docentes colaboradores e a edición do Fanzine Aire, revista sobre arte e pensamento onde se reflicten todas as actividades do centro.

Vicky Estévez

Vicky Estévez

Vicky Estévez González. Muller feminista, socia fundadora e presidenta do Colectivo Feminista de Pontevedra, actriz, directora de teatro, cofundadora da compañía 105Besos teatro, animación á lectura e sexualidade na escola de ocio Aika en Pontevedra e Vigo. Activista feminista e animalista. Performer feminista.

Visi López del Riego

Visi López del Riego

Visi López del Riego. Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo. Completou os seus estudos xurídicos cos cursos de doutorado na rama de Dereito Privado na mesma facultade, obtendo, posteriormente, o título na Escuela de Práctica Jurídica do Principado de Asturias. Na actualidade é avogada nos Colegios de Abogados de Oviedo e Santiago de Compostela. Ademais é Especialista Universitaria polo Instituto de Dereito Industrial (Universidade de Santiago de Compostela) en Dereitos de Autor, Marcas, Propiedade Intelectual e Industrial. A día do hoxe, compaxina o exercicio libre da avogacía coa participación en obradoiros, charlas, seminarios, redacción de artigos e reseñas legais e actividades de formación xurídica sobre temas artísticos, culturais, sociais e de consumo.

TEXTO: Alba Lojo

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *