#casamorada: reconstruíndo espazos

Captura de pantalla (131)_edited

#casamorada xorde como un compromiso coa sociedade, presentándose coma un proxecto pioneiro en España na procura de visualizar e reivindicar o papel das mulleres na nosa sociedade. Aire centro de Arte acolle este novo espazo. Para Neves Seara e Andrea Barreira, as artífices deste micromuseo de xénero, trátase de intentar mudar a sociedade actual na medida das súas posibilidades.

A partires do próximo venres, 4 de novembro do 2016, o público poderá acceder a #casamorada, un espazo aberto á reflexión a través de diferentes mostras. A primeira das exposicións, Raíces, solidarízase co Gender Museum de Járkov (Ucrania), ofrecendo unha mostra de carteis procedentes do museo ucraniano.

Foto de Nacho Mascuñán

Foto de Nacho Mascuñán

Ademais, a inauguración da exposición e do museo o 4 de novembro ás 20h marcará o punto de partida do Mes de Xénero en Aire centro de Arte, durante o cal terán lugar numerosas actividades relacionadas coa idea reivindicativa de #casamorada.

O proxecto materialízase nunha casa de bonecas, emblema do museo de xénero, que ficará colgada de forma permanente no espazo que une os dous andares de Aire centro de Arte. Neste senso, a súa orixinal ubicación nun lugar cotiá de tránsito outorgalle unha singularidade propia. Tal como afirman Neves e Andrea, “non é só unha casiña de bonecas, senón unha actitude, unha forma de vida que se estende a todos os ámbitos da sociedade, así este espazo pode medrar e trocar mentalidades”. Xa era hora de que neste país xurdise unha iniciativa destas características, de maneira que por pequena que sexa esta proposta xa supón un gran cambio.

A duración de cada exhibición será trimestral e a iniciativa está aberta a calquera colaboración. Desta primeira vez, #casamorada comeza acollendo ao Gender Museum, o único museo de xénero de Europa de Leste, situado en Jarkov (Ucrania). Debido á precaria situación ucraniana, desde fai un ano o museo sobrevive gracias ás axudas aportadas mediante a plataforma #savegendermuseum, e desde Aire centro de Arte queren darlle a voz que se merece. A través da mostra Raíces e de diversos obradoiros e charlas, o público interesado poderá coñecer a realidade do Gender Museum e participar na campaña solidaria de recollida de fondos que ten como obxectivo sufragar os gastos do museo de xénero ucraniano durante un mes.

O trimestre seguinte, #casamorada acollerá unha mostra de Loly Villoch. Esta fotógrafa presenta un traballo desde un punto de vista metaespacial: retrata bonecos en diferentes espazos da casa de bonecos e, ao mesmo tempo a foto é capturada neses mesmos espazos da súa casa. É unha composición a base de capas, coma se se tratase dun bucle, dunha escaleira infinita. Desta maneira conecta con #casamorada, pois a través das escaleiras a casiña entróncase co espazo da galería, onde teñen lugar as exposicións.

Un cambio a través da educación

Quedan ainda moitas loitas por gañar, moito camiño por percorrer para rematar co espazo de medo no que viven as mulleres e todas aquelas persoas rexeitadas, discriminadas, por cuestión de xénero. Un espazo de medo que se combate coa creación dun posto de liberdade: #casamorada.

 

Foto de Cris R. Lesmes

Foto de Cris R. Lesmes

Desde Aire centro de Arte perséguese un carácter didáctico, apostando pola educación como unha ferramenta fundamental para o cambio. A súa prioridade é a de aportar unha perspectiva pedagóxica en todos os sentidos. Esta proposta está aberta a todxs, como unha invitación á reflexión, á interpretar, e o interesante é como cambian as perspectivas en función da idade da xente. Non pode estar pechado a ninguén porque o feminismo só é posible de maneira transversal, se chega a todos, ás distintas clases sociais e ás distintas idades. Por iso, #casamorada será un espazo permanente, pensado tamén para actividades de cara ao futuro: charlas, mesas redondas, etc.

A través destas propostas preténdese chegar ao maior número de persoas. O importante é a axuda que #casamorada poida ofrecer dentro das súas posibilidades, para que este terrible panorama de violencia de xénero se deteña dunha vez por todas. E por iso non importan os obstáculos, como poden ser as críticas, porque sen dúbida as haberá. Falamos dun dos temas máis polémicos e delicados da actualidade: o feminismo.

“Eu penso que basta xa de precaución. Se estás sempre con medo a ver quen ofendes nunca se faría nada. Hai moitas correntes dentro do feminismo, dende xa a súa orixe, e non é malo que cada un teña a súa opinión, porque o que importa é que se fagan as cousas dende a consciencia de que o estás facendo coa mellor das intencións, o mellor que podes. Por outra banda, queremos reapropiarnos dun símbolo, apoderándonos del e dándolle a volta ao seu significado. Ademais, buscamos que isto dea pé á investigación e á busca. Trátase dunha cuestión de ser sinceras con nós mesmas e cos demais. A visión do feminismo é moi ampla. Unha pode ter razón ou non, pero o importante é que cada unha xustifique a súa postura. E tamén é o comezo e sempre haberá críticas. Pero o que nos fai tirar para adiante é crear algo para construír. Crear un espazo que a sociedade non nos aporta. O feminismo e as mulleres precisan voz, unha voz que os homes xa tiveron de máis”, afirman Andrea Barreira e Neves Seara.

A inauguración de #casamorada terá lugar o vindeiro 4 de novembro ás 20h.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *