Briconsello legal (VII): obras rexeitados polo seu autor/a

Comeza o mes de novembro e, un venres máis, compartimos con vós o Briconsello legal para artistas, curiosxs, profanxs e xente de a pé. Para que vexades as complexidades das autorías, a nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, deixa algunha recomendación, nesta ocasión coñeceremos que son as obras bastardas.

BRICONSELLO ESPECIAL PARA AS SITUACIÓNS DE AUTORÍA FUXIDÍA, ESCORREGADIZA, ABANDONADA, ARREPENTIDA E REXEITADA: AS OBRAS CHAMADAS, CURIOSAMENTE, «BASTARDAS»

Ás veces xs autorxs non queren recoñecer a autoría das súas obras, ou, directamente, a rexeitan.

Ás veces xs autorxs non queren recoñecer a autoría das súas obras, ou, directamente, a rexeitan.

Para continuar co repaso ás obras artísticas peculiares dentro do panorama xurídico, situámonos ao lado do bando estrambótico, de novo, e atopámonos cun caso moi particular: as obras bastardas, cuxa característica principal é que a súa autoría é rexeitada polo seu/súa autor/a de xeito consciente.

Partimos da base de que o recoñecemento do dereito moral (chamado de paternidade, algo discutible) de toda autoría é IRRENUNCIABLE e INALIENABLE, polo que XAMAIS se pode rexeitar a condición de autoría dunha creación artística. Unha cousa distinta é que a divulgación da obra se realice a través dun pseudónimo ou permaneza no anonimato pero sen rexeitar, en ningún caso, a vinculación da obra coa identidade dx autor/a

Porén, «quen fixo a lei fixo a trampa», para desgracia das obras artísticas, si que existe un camiño velado para a potencial vontade dx autor/a de distanciarse da súa obra: a posibilidade de retirala do comercio alegando un cambio nas súas conviccións morais e previa indemnización dos danos e prexuízos aos titulares dos dereitos de explotación sobre a mesma (compradores, editores ou galerías por exemplo).

Así, se es autor/a e cambiaches de opinión, LEMBRA, que hai un xeito de solución. Vén a Aire e consulta as túas dúbidas con:

Visi López del Riego

Aire centro de Arte

Caldeirería 50, 2º

981 589 059

TEXTO: Visi López del Riego

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *