Retrato animal. Obradoiro de debuxo ao natural.

TORRICO-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Retrato animal

Docente: 
José Luis Torrico

Data: 18 de xuño de 2016.

Duración: De 11h a 19:30h

Público: A partir de 12 anos.

Prezo: 40€ con material incluído

O principal obxectivo do obradoiro de retrato animal é desenvolver un espazo para principiantes e profesionais onde poder estudar modelos animais en vivo. A través de vídeos e exercicios prácticos, retrataremos aos animais empregando materiais básicos de debuxo (lapis de cores, gouache e acuarelas para que o ritmo de traballo sexa máis fluído).

A través dun conxunto básico de directrices e estratexias, faremos un debuxo por etapas, nun proceso no que se analizará o xesto, forma, profundidade, perspectiva, proporción, luz e sombras, tanto de animais reais como inventados.

chivi e darwin300x212Ao rematar o curso, cada alumnx aprenderá diferentes técnicas para elaborar un retrato animal, a un tempo que se perde o medo a traballar con animas en vivo.

O taller estará impartido polo artista plástico José Luis Torrico.

Retrato animal é un obradoiro de técnicas de debuxo e pintura impartido por José Luis Torrico, que se desenvolverá o sábado 18 de xuño ás 11h ata as 19:30. Está adicado a un público a partir de 12 anos. O seu prezo, con material incluído, é de 40€.

Reserva a túa praza no e-mail airecentrodearte@gmail.com ou chama ao 981 589 059.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *