Obradoiro de máscaras “picassianas”

FICHA TÉCNICA: Obradoiro: Máscaras Picassianas Docente: Neves Seara, Alejandra Perlera e Silvia Iglesias Data: 6 de febreiro de 2016. Duración: de 11 a 14h Público: A partir de 4 anos Prezo: 3€ con material incluído Achégase o carnaval e en Aire centro de Arte puxémonos a pensar de que nos poderiamos disfrazar. Despois de moitas voltas decidimos poñernos unha máscara para transformarnos

Cando a pel se converte en arte

Para un segundo. Detén a túa ollada por un anaco. Observa con coidado as liñas que debuxan ao ser que tes diante. Es quen de ver cada liña? Cada curva que conforma o seu corpo? Como se descompón en esferas, óvalos…? Ves como os músculos se desfán marcando camiños sobre a pel? Para. Observa. Busca a

Experimentación con modelo ao natural. Novas datas!

FICHA TÉCNICA: Obradoiro: Experimentación con modelo ao natural Docente: Neves Seara Data: 23 (11:30h) e 28 (18h) de xaneiro de 2016. Duración: 2 horas e media Público: A partir de 12 anos Prezo: 10€ con material incluído Non moitas veces se ten a oportunidade de traballar cunha modelo ao natural. Durante este curso temos a satisfacción de poder ofertar unha serie de

“Como gustéis”. Persoas que habitan o baleiro

O mundo no que vivimos é un gran teatro no que cadaquén desempeña o seu papel con coidado. As representacións varían segundo o escenario no que se desenvolve cada escena, a máscara cambia co decorado. Como gustéis, de Ana Seoane, é a exposición que colga das paredes de Aire centro de Arte. Nuns días, o

Briconsello legal (I): A impresión 3D ou o Faino ti

Estreamos sección na web, aínda que a xente máis curiosa decatarase de que a súa andaina comezou no facebook da escola. Son os Briconsellos pasa artistas, curiosos, profanos e xente de a pé. A nosa colaboradora, Visi López del Riego, avogada especializada en temas de cultura, compartirá con nós algúns consellos básicos e curiosos do mundo

Tarde de monstros e cores

De cando en vez é preciso sacar ao noso monstro interior, enfundarse en arañeiras e ir botar uns bailes con música de tebras pero con moito ritmo. En Aire centro de Arte, gústannos as festas, sobre todo se van vestidas de risos e creatividade. O pasado novembro organizamos unha Festa de Monstros e Arañas ao

Panxoliñas recicladas

FICHA TÉCNICA: Obradoiro: Panxoliñas recicladas Imparte:  Neves Seara, Cristina R. Lesmes e Andrea Barreira Data: 2 de xaneiro de 2016 Duración:  16h a 18h Público: Para todos os públicos Prezo: 5€/persona Non hai Nadal sen música e cancións. Para animar estes días de festa, desde Aire centro de Arte propoñémosvos dúas cousas: construír os vosos instrumentos musicais a partir da

O Belén segundo Calder

FICHA TÉCNICA: Obradoiro: O Belén segundo Calder   Imparte:  Neves Seara e Andrea Barreira Data: 29 de decembro de 2015 Duración:  16h a 18h Público: Para todos os públicos Prezo: 5€/persona Se por algo se caracteriza o Nadal é pola montaxe do Belén. Quen non ergueu un cheo de figuriñas alén do portal? Todo colle nese pequeno gran mundo:

Obradoiro de Debuxo Expandido

FICHA TÉCNICA: Obradoiro: Debuxo expandido   Imparte: Ana Seoane Data: 19 de decembro de 2015 Duración:  11h a 14h Público: Para todos os públicos Prezo: 5€/persona Hai debuxos que transcenden o espazo, que escapan do papel, que sobresaen do lenzo, que non se conforman con estar dentro dunha caixa. Porén, todo comeza cun trazo, cunha figura que, aínda que semelle pequena

54 quilos de dor salgada

O mércores 25N, data marcada a sangue nos calendarios, chegamos á vila de Tui que agardaba por nós cuberta de néboa. A pedra da catedral latexaba expectante, como as cativas e cativos que se achegaron até ela para presenciar a performance Amante de Sal de Neves Seara. Os arcos do Museo Histórico Diocesano observaron como