Obradoiro de Debuxo Expandido

ana-seoanetaller-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Debuxo expandido  

Imparte: Ana Seoane

Data: 19 de decembro de 2015

Duración:  11h a 14h

Público: Para todos os públicos

Prezo: 5€/persona

Hai debuxos que transcenden o espazo, que escapan do papel, que sobresaen do lenzo, que non se conforman con estar dentro dunha caixa. Porén, todo comeza cun trazo, cunha figura que, aínda que semelle pequena crece ao ritmo que o fai a persoa que a crea.

O vindeiro 19 de decembro, ás 11h e durante tres horas, a artista pontevedresa, Ana Seoane ensinará, a quen se achegue a xogar coas sombras, a crear un teatro para personaxes alén do papel. Iso é o debuxo expandido: aquel que fuxe do papel até transformarse en instalación. Comézase cunha pintura, logo continúase cun recorte… Utilízanse distintos papeis, diferentes cores e pintura. Aos poucos a creación medra, a medio camiño entre o debuxo e a escultura.

O obradoiro será a reinterpretación das pezas da artista. O resultado dos/as participantes farán medrar a propia obra de Ana Seoane polas escaleiras que soben até Aire centro de Arte, para ser parte da exposición que na actualidade colga nas paredes da escola.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *