Obradoiro de máscaras “picassianas”

mascaras-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Máscaras Picassianas

Docente: Neves Seara, Alejandra Perlera e Silvia Iglesias

Data: 6 de febreiro de 2016.

Duración: de 11 a 14h

Público: A partir de 4 anos

Prezo: 3€ con material incluído

Achégase o carnaval e en Aire centro de Arte puxémonos a pensar de que nos poderiamos disfrazar. Despois de moitas voltas decidimos poñernos unha máscara para transformarnos nun cadro de Picasso.

Durante a mañá do sábado aprenderemos cal é a historia artística que hai tras das máscaras a un tempo que descubriremos como se usaron en rituais e outros eventos pagáns como o Carnaval. Ademais cada persoa que se achegue creará a súa propia, inspirada no traballo do artista Pablo Picasso. O prezo da xornada será de 3€ e incluirá o material que se empregue para a elaboración da máscara.

Reservade a vosa praza escribindo a airecentrodearte@gmail.com ou chamando ao 981 589 059. Agardámosvos!

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *