Tarde de monstros e cores

De cando en vez é preciso sacar ao noso monstro interior, enfundarse en arañeiras e ir botar uns bailes con música de tebras pero con moito ritmo. En Aire centro de Arte, gústannos as festas, sobre todo se van vestidas de risos e creatividade.

collageAFINAL-300x300O pasado novembro organizamos unha Festa de Monstros e Arañas ao grande. Un Halloween no que se mesturaron os eixos do centro: a arte, as letras e as linguas. As nenas e nenos que nos acompañan semana e semana sacaron os seus mellores traxes poeirentos de bruxas, trasnos, demos… e outros seres que non saen moito á rúa. Houbo incluso quen veu en compañía, porque nas festas as amigas e amigos son parte importante.

Comezamos coa arañeira xigante que medrou na caixa forte da Galería Metro segundo as instrucións da artista Chiharu Shiota. E como non hai tea que se prece sen arañas, as rapaces e rapaces debuxaron, pintaron, recortaron, pegaron… e colgaron dun fío a estes animaliños que serían a envexa de mesma Louise Borgeois. Unha vez quedaron as mascotas situadas con comodidade, as invitadas e invitados procederon a sacar o mellor de si.

collageMfinal-300x300Os monstros bosquexaron o seus sorrisos máis malévolos nas súas máscaras de cores, espeluxaron un pouco máis os seus cabelos até que as súas caras redondas, cadradas, sen forma… luciu con terror.

Como unha festa de gala que se prece, unha vez vestidos de etiqueta monstruosa houbo unha recepción nada que cadaquén se presentou, non só con nomes e apelidos pavorosos, senón que deixaron claros os seus gustos culinarios como cousas verdes e sas das que nestas liñas non se me permite dicir o nome.

E despois de botar os pés a danzar e degustar dedos, miocas e outros bichiños, os monstros volveron a casa mentres agardan a que sexan convocados o vindeiro ano.

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *