Experimentación con modelo ao natural. Novas datas!

debuxonatural-copia-350x245FICHA TÉCNICA:

Obradoiro: Experimentación con modelo ao natural

Docente: Neves Seara

Data: 23 (11:30h) e 28 (18h) de xaneiro de 2016.

Duración: 2 horas e media

Público: A partir de 12 anos

Prezo: 10€ con material incluído

Non moitas veces se ten a oportunidade de traballar cunha modelo ao natural. Durante este curso temos a satisfacción de poder ofertar unha serie de sesións nas que re-descubrir o corpo humano a través da arte.

Cada mes, en Aire centro de Arte, haberá dous días (un xoves e un sábado que se determinará cada mes) nos que experimentar, durante dúas horas e media, con distintas técnicas para capturar a esencia da modelo. Cadaquén poderá escoller na que se sinta máis a gusto, sempre coa guía, axuda e orientación de Neves Seara, docente, artista e directora do centro.

O prezo do obradoiro é de 10€ cada sesión. Contamos con distintos papeis, lapis, acuarelas, pasteis, tinta chinesa, témperas… que poden ser usados polas persoas interesadas. Se alguén quere algo moi concreto pode traer o seu propio material, hai que traballa ao óleo e prefire usar o seus propios lenzos, as súas cores, pinceis… (por poñer un exemplo), polo que podedes sentirvos libres na escolla dos vosos materiais.

Agardamos que gocedes con estas clases. Quen probou en sesións previas repetiu.

Prégase reservar a praza en: airecentrodeaire@gmail.com ou chamando ao 981 589 059

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *