Unha das características principais do proxecto Aire Centro de Arte é apoiar á Arte Contemporánea. Faino desde dúas vertentes: a exposición de artistas recoñecidos e a aposta por novos valores. Cada exposición ten unha coidada montaxe acorde ao ar que se lle quere dar ao espazo.

A través de distintas técnicas expostas (fotografía, performance, gravado, acuarela, escultura…) preténdese achegar a arte contemporánea ás persoas, de xeito que poidan comprendela e valorala para así entender todo o traballo que hai detrás de cada creación.

A un tempo parte do proxecto didáctico da escola sostense nestas mostras, a partir das cales o alumnado poderá ver tanto exemplos a seguir como modelos de inspiración.

Ao longo destes catro anos de percorrido colgaron das paredes e repousaron no chan de aire obras de Marga Crespo, Lomarti, Marita Malvar, Silvia Alfonso, Raúl Álvarez, Mauro Trastoy, Marcos Belzuz, Reme Remedios, Cristina Ramírez, Ana Seoane, José Fernández Conde, Santi Jiménez, Uxía Piñeiro, Basilisa Fiestras, Martyn Mills, Jorge Varela, Laura Salguero, Paula Gómez del Valle, Mercedes Cabada, Marina Berdalet, Teresa Búa, Carlos Cambre, Sabela Alonso, Varja Javanovic, Catalina Rodríguez, Yolanda Ataraxia…

Dúas exposición en cada trimestre para avivar e alimentar o interese pola arte e a creatividade.