O vindeiro xoves, 4 de maio, ás 20h, o soundpainter Ricardo Gassent dará a charla Soundpainting, a arte da composición multidisciplinar en vivo. Estará acompañado da artista e performer Neves Seara. O acto terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

Nela fará unha achega sobre que é o soundpainting e as súas posibilidades didácticas. A conferencia está pensada para profesorado (de todos os niveis, desde infantil a universitario), estudantado de maxisterio, pedagoxía… así como artistas, músicxs, bailaríns e bailarinas que queiran aproveitar esta linguaxe como ferramenta para as súas clases ou a súa arte.

 

Foto de portada: Helena Palma