A Roupa Tendida no Inverno

ropatendida2-copia-300x225A roupa tendida é abaneada polo vento, polo ar que dispersa ese cheiro a xabón, novos días e soños por cumprir.

Ropa Tendida é un fanzine artesán dunha tirada de 100 exemplares. O saquiño que funciona de portada está feito a man, tanto a súa costura como a pintura das súas letras. Neste vídeo podedes ver o proceso que seguiron as súas creadoras para montalo:

 

Ropa Tendida – El proceso from Dibujando con Luz on Vimeo.

Pechado cun imperdible, cando o abres atopas imaxes o dous poemas. Se rebuscas un pouco máis na bolsiña atoparás un fío e pinzas para, ao igual que roupa ao saír da lavadora, colgar as súas páxinas e deixar que as mova o ar.

 

PROMO ROPA TENDIDA from Dibujando con Luz on Vimeo.

ropatendida-copia-300x225Os artistas que enchen o saco de Inverno son: Diana Bama, Alejandro Alfeirán, Rodrigo García, Elena González, Maite Ortega, Eva Herrero, Natalia Romay, Albert Soldevila, June Juno e Carmen Casas

Os poetas, dos que recollemos un par de versos, son:

Manuela Gómez

“(…) Imaginamos las plumas de los pájaros
náufragas, oscura, tiritando. (…)

Sandra Zamora

“(…) Escucho seres abisales en mi piel
que resquebrajan los instintos (…)”

A partires de febreiro, poderedes adquirir o voso exemplar de Ropa Tendida aquí, en Aire centro de Arte, a un prezo de 12€. Aproveitade que aínda quedan días de Inverno para conseguir o número desta estación.

 

Por favor seguenos e comparte:

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *